Andeca foi o penúltimo
rei galego na época sueva. Foino durante un ano escaso, entre o 584 e o 585.
Logo de destronar a Eborico e casar coa súa nai, sería sometido polo visigodo
Leovigildo, que aproveita o conflito sucesorio para anexionar o reino suevo,
depoñendo a Andeca e evitando a consolidación de Malarico no trono. Até aquí, a
historia. As interpretacións (personalizables no xornalista, dramaturgo,
novelista e historiador Benito Vicetto Pérez) convertiron a Audeca ou Andeca en
Xandeca, e de aquí a Xan de Deça ou de Deza só quedaba un paso, paso abofé que
discutido e discutible.
Son máis reservas que
certezas as que se tiran da análise histórica desta personaxe. Tan só un autor,
grande escritor e novelista pero non distinguido precisamente por ser
considerado “de gran rigor histórico”, sitúa a este monarca suevo no ámbito
lalinense. A historia escrita limítase a deixar constancia dun poderoso señor
das terras do noroeste ó que as circunstancias fixeron efémero rei e as conxecturas
históricas, lalinense ou, cando menos, dezán. As máis arriscadas achégano mesmo
ó contorno dos castros –por entón habitados na súa meirande parte e orixe de
moitas vilas: Dozón, Gresande, Palmou, Donramiro, Bermés, Bendoiro...–. O
historiador ferrolán Benito Vicetto é quen ten ofrecido a cara máis dezá do
noso protagonista, Xan de Deza, Andeca para os suevos sobre os que exerceu o
seu reinado.
Feitos históricos, lendas e interpretacións mestúranse nas narracións de diversos historiadores e escritores; as máis controvertidas, as de Benito Vicetto, o gran (único talvez) defensor da “conexión dezá” de Andeca. De Vicetto, outro lalinense, científico e rigoroso en todos os seus traballos, Benito Varela, chega a dicir que “evoca con espíritu romántico y con imaginación ardiente...” a figura do efémero monarca suevo. Moito máis aceda, cuestionando a súa escasa valía como historiador, é a valoración que de Vicetto fai Erwin Koller na súa obra Suevos–Schwaben. Outra escritora, Victoria Armesto, publica en 1969 Galicia Feudal, onde lembra que “hubo un Xan de Deza protagonista de una tragedia galaica. El rey suevo Miró II, hombre muy piadoso y que sólo hacía lo que le mandaba San Martín Dumiense, murió dejando al príncipe heredero, Eborico, encomendado a su mujer Seguncia. Seguncia se enamoró de Xan de Deza quien, ambicioso de poder, mandó cortar el pelo de Eborico dejándole por ello –según costumbre de los suevos– incapacitado para reinar. Xan de Deza se hizo rey de Galicia, pero no disfrutó mucho tiempo del poder ya que fue derrotado por Leovigildo quien, a su vez, le corto las barbas y las melenas”. Un relato, polo demais, claramente influenciado pola “doutrina Vicetto” sobre os suevos e, en particular, sobre o feito de que Andeca e Xan de Deza fosen a mesma persoa.
Feitos históricos, lendas e interpretacións mestúranse nas narracións de diversos historiadores e escritores; as máis controvertidas, as de Benito Vicetto, o gran (único talvez) defensor da “conexión dezá” de Andeca. De Vicetto, outro lalinense, científico e rigoroso en todos os seus traballos, Benito Varela, chega a dicir que “evoca con espíritu romántico y con imaginación ardiente...” a figura do efémero monarca suevo. Moito máis aceda, cuestionando a súa escasa valía como historiador, é a valoración que de Vicetto fai Erwin Koller na súa obra Suevos–Schwaben. Outra escritora, Victoria Armesto, publica en 1969 Galicia Feudal, onde lembra que “hubo un Xan de Deza protagonista de una tragedia galaica. El rey suevo Miró II, hombre muy piadoso y que sólo hacía lo que le mandaba San Martín Dumiense, murió dejando al príncipe heredero, Eborico, encomendado a su mujer Seguncia. Seguncia se enamoró de Xan de Deza quien, ambicioso de poder, mandó cortar el pelo de Eborico dejándole por ello –según costumbre de los suevos– incapacitado para reinar. Xan de Deza se hizo rey de Galicia, pero no disfrutó mucho tiempo del poder ya que fue derrotado por Leovigildo quien, a su vez, le corto las barbas y las melenas”. Un relato, polo demais, claramente influenciado pola “doutrina Vicetto” sobre os suevos e, en particular, sobre o feito de que Andeca e Xan de Deza fosen a mesma persoa.
Dende 1865 a Historia de Galicia de Benito Vicetto
ofrece a “arriscada” teoría de que Andeca, ou Audeca, era en realidade Xan de
Deza, veciño das terras do mesmo nome situadas na Galicia Central. A súa teoría
semella casar máis noutra das súas obras, Los
reyes suevos de Galicia, claro que esta é unha novela, xénero no que
Vicetto foi un prolífico autor que lle fixo merecer o alcume do “Walter Scott
de Galicia”.
Volvamos ós feitos
históricos. No ano 411 d.C., con Hermerico como primeiro rei dende o 409, ano
da súa entrada na Península, e logo de asinar un pacto co emperador Honorio, os
suevos, xunto cos vándalos aslingos, ós que máis tarde expulsarían cara ó sur, inician
unha lenta penetración en Galicia. Tras un acordo co resto dos pobos xermánicos
ou bárbaros desprazados polos hunos da Europa Central –deixando para os vándalos
e alanos o resto da Península– e deste xeito converten o noroeste peninsular no
seu territorio. Na comarca de Deza co tempo xorde como tal o condado de Deza,
como reflicten as actas do concilio de Lugo do ano 569, cunha configuración non
moi distinta da actual.
Cara ó ano 583 Miro
morre e sucédelle o seu fillo Eborico, quen estivo pouco tempo no trono, do que
foi afastado por Andeca, que reinaría só nos anos 584 e 585. Malia estar prometido
coa irmá de Eborico, isto non evitou que, no ánimo de fortalecer una nova
estirpe real, Andeca casara coa nai desta e viúva de Miro, proclamándose rei.
No seu “asalto ó
poder” Andeca estivo apoiado polo grupo máis radical da nobreza sueva, a prol
de manter a independencia con respecto ó reino visigodo, con capital en Toledo.
Capitaneados por Andeca, enfrontáronse a Eborico, que foi destronado, tonsurado
e confinado en Beja, o mesmo que faría un ano despois Leovigildo con Andeca. A
tonsura –corte de pelo– e o ingreso no clero eran situacións que, segundo as
leis da época, inhabilitaban á persoa para o exercicio do poder civil.
As nupcias con
Sisegunda, nai da súa prometida e do destronado Eborico, buscaban lexitimar unha
liña de sangue no exercicio do poder suevo. Coa axuda de boa parte da nobreza,
dende a sede da Corte, en Ourense, encamiñou os seus esforzos a marcar diferenzas
co resto dos pobos peninsulares, a desvencellarse e a afastarse do poder
visigodo reforzando o tesouro real. Esforzos que quedaron en nada, seguramente
pola actitude tiránica do noso protagonista e logo das peticións de axuda de
Eborico, sen esquecer o apetecible que resultaban as súas riquezas para o entón
todopoderoso Leovigildo, co que a hoste de Andeca se enfrontou e sucumbiu
despois dun erro militar amplamente narrado na época. O godo enganou o suevo
cando este último o esperaba na “parte galega” do río Douro. O que fixo
Leovigildo foi cruzar o río por unha zona situada máis arriba, sorprendendo así
o campamento de Andeca.
As poucas referencias
escritas a Andeca descríbeno como un poderoso “magnate” do seu tempo que
exerceu o poder con tiranía e despotismo, o que deu xustificación a Leovigildo
para iniciar unha campaña militar contra el, en defensa dos dereitos de
Eborico. Tras prender a Andeca, fixoo tonsurar e ordenar presbítero para,
deseguido, desterralo ós confíns do reino. No canto de restaurar a Eborico no
poder, Leovigildo apoderouse do tesouro real, acrecentado polo acumulado por
Andeca. A Gallaecia incorporábase así ó reino godo.
A historia volve
mesturarse coa lenda: a Península está unificada baixo o mando dos visigodos, dos
que un dos principais reis sería Wamba, ó que tamén a historia –lenda duns
poucos– sitúa como natural de Castro de Dozón (son lexión pola contra os que
outorgan esa honra a outras vilas, dende Ronda a Burgos, pasando por terras
portuguesas) ou Égica, sobriño de Wamba. Estudosos da Heráldica sitúan a Égica
como orixinario ou, cando menos, herdeiro destas terras, nas que sería o fundador
da estirpe do señorío e posterior condado de Deza, a principios da centuria do
700. Witiza, o seu fillo, gobernou as terras de Gallaecia dende a sede real de
Tui, para logo herdar o reinado.
Moito antes da
chegada do milenio, a Historia, con maiúsculas, verá escrito o apelido ou o
toponímico de Deza cando os sucesivos señores deixen unha pegada ben documentada
como condes ou señores; así o fixeron Afonso e Gonzalo Betote, condes de Deza.
Co tempo serán sucedidos polas estirpes dos Arias, dos Pérez e dos Suárez, señores
de Deza... cuxas riquezas e herdanzas acabarán en mans dos condes de Lemos
séculos despois.
Deixa constancia do
poderío destas sagas Eduardo Pardo de
Guevara en 2006, na Revista da Asociación Cultural de Estudos Históricos Nalgures, ó lembrar que “sobresalió la
figura del arzobispo don Pedro Suárez de Deza, que gobernó la archidiócesis compostelana
entre los años 1172 [?] y 1206. No es posible reconstruir la sucesión y
trayectoria de este grupo familiar, salvo algunas noticias aisladas o sin
contexto suficiente. En el Livro do Deão se consigna, por ejemplo, el
matrimonio Alfonso Suárez de Valladares, hermano de Pedro Suárez o Sarraça, con
doña Teresa Anes de Deza –o de Sas, como escribe J. A. de Sotto Maior Pizarro–,
quedando de ellos un Fernando Alonso de Deza, que no dejó sucesión, y doña
Mayor Alfonso de Deza, que casó a su vez con Gómez Enríquez de Provaos. A
comienzos del siglo XIV sobresalió un nieto de estos últimos: el famoso Alonso
Suárez el Churruchao, que fue mayordomo del infante don Felipe y adelantado
mayor de Galicia; su oposición al arzobispo Fr. Berenguel culminó con su propio
asesinato en el castillo de la Rocha, inmediato a Santiago”.
Tamén algunhas
historias nos teñen atribuído “insignes” co mesmo apelido, cuxo topónimo ben
podería proceder das terras sorianas do actual Ayuntamiento de Deza, terras
vencelladas ós duques de Medinaceli e a ilustres sagas de homes de Igrexa.
E de volta ó noso Xan
de Deza. Así, entre a historia e a lenda, foise creando unha figura, probablemente
tan irreal como a dos poemas de Curros Enríquez, o Ciprianillo:
Xan
de Deza, bon labrego,
que
deixaches tanta sona
nas
Castillas,
onde,
manso boi galego,
fuche
a gala, a flor e a tona
das
cuadrillas.
P.D.: Moitos Xan de Deza para un Xan de Deza só!
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
No hay comentarios:
Publicar un comentario