tag:blogger.com,1999:blog-5154149166416159002024-02-22T10:04:31.311-08:00FILLOS ILUSTRES DE LALÍNUn lugar para coñecer e honrar a memoria dos grandes homes e mulleres, que fixeron historia e con elo escribiron a da súa vila: LalínBenito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.comBlogger20125tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-30954328215371594182013-05-12T02:54:00.005-07:002013-05-13T13:38:52.158-07:00OBITUARIO: Cesar García Oro
Eras o meu ídolo
de adolescencia: gracioso, de fala fluida… e sempre cunha muller fermosa ó teu
carón. Cada verán que te achegabas por Galicia deixábaste caer polo convento de
San Francisco a visitar ó Padre Oro, por Lalín de Arriba a ver a Hermelinda e
familia, pola Veiga a ver como envellecía a túa casa natal e pola casa do “xastre de Donramiro”. De cote acompañábate
unha muller fermosa: morenas, louras, altas, baixas, cubanas, caucásicas… Eu
quería ser como Cesar de maior, e intenteino abofé que o intentei… pero só
neste plano. Devecías polos tomates arrincados da planta da horta do xastre, só
mollado en sal. Contábaslle a Benito que os tomates de USA xa non sabían igual
(os de agora aquí tampouco!). <o:p></o:p>
Estíbeche a maior
parte da túa vida rodeado de negros e hispanos, en Howard (non en Harward, como
se cansan de dicir moitos dos que de ti escribiron un par de pouco documentadas
liñas en Lalín). A Harward ías de visita, e por obrigación un par de veces… demasiado
estirados para o teu gusto. A universidade americana dos negros e dos hispanos era máis do teu estilo.
<o:p></o:p>
Dous “Oro” danlle
lustre á historia intelectual de Lalín. Hoxe, o teu querido Padre Oro chora a túa
perda entre a pedras de San Francisco, onde avellenta sen que a súa obra, como
a túa, sexan postas en valor polas autoridades de Lalín: o que non se colga nin
se come non parece ter valor para eles!.<o:p></o:p>
Galeguista ate a
medula, orgulloso do idioma que “mamou”, díxolle á súa sobriña a última vez que
visitou Lalín: “voume esquecendo de todo… pero o último do que me vou a
esquecer é do galego”. O Alzheimer xa empezaba a “facer das súas”. Volves á
casa, na semana das Letras Galegas, as mesmas que como catedrático e escritor
divulgaches a este e ó outro lado do Atlántico.
<o:p></o:p>
Eras o meu ídolo
de adolescencia, magoa que non te quixese imitar na túa faciana intelectual,
hoxe sería algo máis que este “xunta-palabras” que te admira, na mesma
primavera na que as túas cinzas cruzaron o Atlántico para repousar na túa querida
A Veiga , nunha primavera similar á do teu nacemento fai 85 anos. Peculiar e especial ate para nacer e morrer: o mesmo día, un 16 de marzo.<o:p></o:p>
Moitos e moitas,
pero moitas, recordámoste con afecto, envexa
e admiración. Boa Viaxe!.<o:p></o:p>
Ver biografía:
http://ilustreslalinenses.blogspot.com.es/2012/05/cesar-oro-garcia.html
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-7514744972172313572012-07-13T08:15:00.002-07:002012-07-13T08:15:44.567-07:00EPÍLOGO FILLOS ILUSTRES
artigos sobre persoeiros lalinenses,
publicada en Faro de Vigo e agora recollidos nesta publicación, nos propuxemos axudar
a divulgar e a recordar a existencia dalgúns "fillos ilustres" de
Lalín e, de camiño, contribuír a corrixir algunhas inexactitudes biográficas cometidas
por outros, desas que, repetidas varias veces, seica semellan converterse en
verdade (como a adscrición do mestre César Oro á Universidade de Harvard). Foi
o tempo de lembrar que algunha destas figuras históricas (é o caso de Gil
Taboada) está esquecida polos nosos gobernantes; de poñer en evidencia a
riqueza que se perde se se agochan á memoria os legados científicos e
intelectuais (Padre José García, Benito Varela, Xosé Rodríguez…); de facer ver,
a quen atinxa, ou de pór de relevo a transcendencia de determinadas fazañas realizadas
por outros que, sendo recordadas, non son debidamente valoradas, coma é o caso
de Loriga e o seu papel no desenvolvemento do autoxiro.<o:p></o:p>
na súa elaboración serviunos para comprobar a falta de información municipal, mesmo
dun arquivo mínimo actualizado, de honores e recoñecementos non só como fillos "ilustres",
senón tamén de concesión de tratamentos honoríficos como "predilecto"
ou "adoptivo". Un redactor da delegación do xornal non foi quen de
conseguir, en catro meses, unha listaxe de persoas con recoñecemento
institucional e outra coa normativa municipal sobre a materia. No mesmo plano,
é absolutamente imperdoable que o medio de comunicación institucional que é a
web municipal só recolla, coa consideración de Fillos ilustres, a Joaquin
Loriga, ao Matemático Rodríguez, a Laxeiro, a Ramón Aller e a Calvo Garra. Inxustificable
aldraxe á memoria de, cando menos, unha ducia de lalinenses que forman parte
dunha historia que transcende o local para asentarse no eido do nacional e do internacional,
nos campos da ciencia, da administración ou das artes.<o:p></o:p>
ocasións advertimos ao longo da serie de reportaxes, están todos os que son... e,
seguramente, sono tamén algúns que non están! Pechamos esta serie de biografías-reportaxes
co agradecemento aos que colaboraron na súa realización, que xa foron citados
no posdata de cada artigo, e co compromiso de que non fique nunha acción dun
día. <o:p></o:p>
desexable ter antepasados ilustres, pero o mérito é todo deles"<o:p></o:p>
antepasados xamais ollará cara á posteridade"<o:p></o:p>
Edmund Burke<o:p></o:p>
P.D. Este blog non ten máis obxectivo que axudar a coñecer e apreciar o legado dos fillos ilustres desta terra.
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-33483321802393855412012-07-12T06:35:00.001-07:002012-07-12T06:35:44.146-07:00Xosé Cuiña Crespo
Concelleiro, alcalde,
deputado provincial e autonómico, presidente de Deputación, conselleiro e
empresario: Xosé Cuiña Crespo (Prado, 25 de febreiro de 1950). Dificilmente podería
o autor delimitar onde acaba a persoa e comeza a personaxe. Xosé Cuiña é o
principal protagonista, e seguramente impulsor, do período de maior desenvolvemento
socioeconómico experimentado polo Concello de Lalín na súa historia. Deu pulo a
numerosas infraestruturas sen caer en proxectos megalómanos, ós que tan dados
son algúns políticos.
"O fillo do
muiñeiro" foi o seu slogan persoal, unha sorte de marca que soubo acuñar e
aproveitar en beneficio propio e do seu modelo para o país: a articulación dun
movemento social e político cunha clara orientación galeguista, na que o motor
eran as pequenas e medianas vilas galegas. Fronte a esa filosofía, e iso
marcaría parte da súa carreira política, estivo o cada vez maior e máis
poderoso sector "urbanita", no que funcionarios, mestres
universitarios e profesionais liberais eran maioría. Ós primeiros,
representados por Cuiña (tamén por Baltar, Cacharro...), e ós segundos,
habilmente "xestionados" onte e hoxe por José Manuel Romay e o seu avantaxado
alumno político Mariano Rajoy, recoñécenselles como "os da boina e o
birrete", unha frase simbólica na que quedan recollidas as dúas
sensibilidades.
A súa traxectoria
empresarial está vinculada á empresa Inasus, orixe do que, co tempo, se
converteu en grupo empresarial familiar. Os seus intereses empresariais
estiveron intimamente ligados ós conflitos políticos dos que foi protagonista e
á súa "caída en desgraza" e dimisión do Goberno de Manuel Fraga, logo
dunhas compras de material feitas pola Xunta a unha empresa a el vencellada para
traballos de loita contra a vertedura do Prestige.
Unha adquisición que tivera que ver máis coa urxencia e necesidade de dispoñer do
material, pois non mediara beneficio ningún, nin sequera simbólico, como
demostrou unha comisión de investigación parlamentaria… Pero a ocasión foi
planificada e executada "en clave de sucesión" dende dentro do propio
partido, forzando unha dimisión que tivo máis de desgaste que doutra cousa e
desenmascarando un bo número de "membros da boina" que mudaron de
bando e situaron á fin a Núñez Feijóo na sucesión política, primeiro, e logo institucional de Manuel Fraga en
Galicia.
Xosé Cuiña nace
no seo dunha modesta familia un 25 de febreiro de 1950. Fórmase nos institutos
de Lalín e Vilagarcía de Arousa e cursa Bioloxía até cuarto, con algunhas materias
pendentes de anos anteriores. Cazador, xa de novo preside a Sociedade de Caza
de Lalín, o seu primeiro trampolín político. Casa con María do Carme Aparicio,
con quen ten dous fillos, Rafael e María. Incorporado por Luís González Taboada,
Licho, á corporación municipal; dende
1973 é concelleiro polo "tercio familiar" (durante a ditadura, este
grupo de concelleiros constituíase por elección entre os veciños cabeza de
familia, xunto co tercio sindical e os propostos polo gobernador civil, abrindo
as portas a persoas non vinculadas ó réxime franquista) e seis anos máis tarde preséntase
á alcaldía como independente nas primeiras eleccións democráticas, en abril de
1979.
O 14 de agosto de
1987, logo das municipais, substitúe a Fernando García del Valle na Deputación
de Pontevedra como presidente, cargo que deixará xunto coa alcaldía de Lalín o
3 de febreiro de 1990, trala vitoria do Partido Popular nas eleccións
autonómicas. Faino para asumir a carteira de Obras Públicas, con Manuel Fraga
como presidente.
Como alcalde de
Lalín artellou unha vila que fora medrando desordeadamente arredor do
cruzamento das estradas Vigo-Lugo e Ourense-Santiago, abrindo novas rúas que permitiron
a construción de centos de novos edificios e impulsando así o seu crecemento
urbano. Neste tempo creáronse numerosas infraestruturas de servizos sociais,
lúdicos e deportivos. Lalín tomou forza como centro de produción téxtil e de produtos
para o agro e a gandaría, o que motivou a creación de postos de traballo que a transformaron
no eixo de servizos da zona centro de Galicia. Foi a época das obras útiles e
prácticas.
Como presidente
da Deputación de Pontevedra destacou polo
seu esforzo descentralizador, tanto nas decisións como nas inversións. Coma el mesmo
subliñou no seu día, era "o primeiro presidente en 150 anos de historia da
institución, non residente nas cidades (Vigo ou Pontevedra)". Acadou un
alto grao de popularidade no seu contorno político por esa visión do territorio
e as súas necesidades, axudado dunha razoable situación económica que permitiu
milleiros de "pequenas obras" e o crecemento doutras tantas aldeas,
barrios ou vilas da provincia. Non esquecer a cultura e a importancia das
actividades agro-gandeiras e as súas necesidades foi outro dos seus acertos.
O seu labor
institucional e a súa habilidade persoal facilítanlle "penetrar" no
tecido social e político de cada vila e tecer lazos de amizade, principalmente
coas provincias de Lugo e Ourense, que o situarán nun plano de relevancia cando
se articula a operación retorno de Fraga a Galicia como candidato á Xunta, na
que Romay Becaría actuaría de principal cicerone, pero na que Cuiña xogaría un
papel fundamental en aspectos relacionados coa mobilización popular e co
financiamento da campaña.
Como conselleiro
de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (dende o 6 de febreiro de 1990
ó 18 de xaneiro de 2003), deulles pulo ás entón coñecidas como vías rápidas, ás
varias autovías e autoestradas e á creación dunha ampla rede de parques empresariais
(entre eles o de Lalín). Puxo en marcha o proxecto da autovía central Santiago-Lalín-Ourense
e mantivo unha permanente actitude reivindicativa ante o Goberno central en
asuntos como os portos, o AVE e as autovías de conexión co resto da Península.
Puxo en marcha a
Lei de ordenación do territorio de Galicia e a Lei de ordenación urbanística e
protección do medio rural. En materia de vivenda experimentouse un desenvolvemento
exponencial co arranque de programas de fomento da rehabilitación e da construción
de vivenda protexida, que arredaron a centos de galegos da infravivenda e do
chabolismo. Dimite o 13 de xaneiro de 2003, logo de filtrarse dende "entornos
cercanos" ó PPdeG a compra por parte da Xunta de material para traballos
de limpeza da vertedura do Prestige a
unha empresa a el vinculada.
Paralelamente ó
desempeño das súas función institucionais, foi crecendo o seu poder político.
Durante a década dos 90 foi o secretario xeral do Partido Popular de Galicia e,
dende a chegada ó poder de Manuel Fraga até o seu pasamento, parlamentario
galego. No plano estritamente político foi acentuando o seu perfil galeguista,
con amplas coincidencias con Manuel Fraga pero distanciado dos "valores
emerxentes" do partido, como Núñez Feijóo. Desta etapa é o outro "título"
que lle foi atribuído e do que non se molestaba en fuxir: "delfín",
que refería a súa posición privilexiada na sucesión de Manuel Fraga, con quen "cociñou"
conceptos como os de autoidentificación ou administración única, como fórmula
para contrarrestar o de autodeterminación, defendido polos nacionalistas.
No congreso de
2005 non foi quen de se facer cos apoios precisos para o seu nomeamento como
sucesor de Manuel Fraga na candidatura á Xunta polo PPdeG, e retirouse da
primeira liña política, agás no seu papel como deputado. Non foi, a pesares de
que moitos o quixeron presentar así, o cuarto "fillo devorado polo Deus
Fraga", despois de Verstrynge, Mancha e Barreiro. Pola contra, foi leal a
un home cando este lle pediu que deixara os seus cargos polo ben dunha
reelección nas autonómicas que non se chegaría a producir.
En xuño de 2003,
meses despois da súa dimisión, xuntaba a representantes de varios medios de
comunicación para lles comunicar o seu "retorno" á actualidade
política. Facíao no seu muíño de Prado, o mesmo marco que unhas semana antes
elixira para manter un reencontro a soas con Manuel Fraga. Alí lembraba: "Teño
vocación política e non vou renunciar a ela en ningunha circunstancia. Pero
tamén se pode exercer esa vocación como militante, defendendo unha lingua, unha
cultura e unha idea como pobo e animando a outros a facer o mesmo. Eso tamén é
facer política". E esta podería ser unha das frases que mellor definan o
seu “legado” político.
Unha enfermidade
impídelle a "resurrección política" que moitos esperaban, boa parte
destes con máis temor que outra cousa. Falece en Compostela ós 57 anos o 28 de
Nadal de 2007. Ese día dos Inocentes finaba o que podemos considerar último
Fillo Ilustre de Lalín.
P.D.: Na miña tarefa como xornalista, na COPE e na
TVG en Compostela, vivín os seus primeiros anos como conselleiro de Política
Territorial (Obras Públicas primeiro). "Sufrino" como xestor na miña
etapa como xefe do gabinete de prensa do Instituto Galego de Vivenda e Solo, do
que el era presidente, en calidade de conselleiro do ramo. Fóra de reflexións
persoais, de ámbalas etapas quedoume o convencemento de que se trataba dun home
chamado a deixar unha pegada na historia de Galicia ("obras son amores,
que no buenas razones", di o refraneiro español) e que mantivo sempre a
súa condición de lalinense por riba de moitas outras consideracións, e ese "lalinesismo"
foi utilizado en contra del, en moitas ocasións dun xeito insidioso.
Pouco
se parece o PPdeG de hoxe ó que "pilotou" Xosé Cuiña durante unha
década, o mesmo tempo que o partido empregou para conseguir borrar case por
completo a figura deste lalinense da súa historia oficial: a sección Historia
do Partido Popular da web do PPdeG resume en liña e media esta longa etapa
política, fronte ás abondosas referencias institucionais feitas ó resto dos
"protagonistas", e só cita ó entón secretario xeral nunha ocasión, e
obviando o seu nome.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-34615758846193467752012-07-12T05:34:00.001-07:002012-07-12T06:35:36.288-07:00Unha fundación para Alfonso Sucasas
O pasado 10 de xuño publicabamos nestas mesmas
páxinas a primeira parte deste Fillos Ilustres dedicado a Laxeiro e Sucasas.
Aínda que inconscientemente, presumíase entón a proximidade dun fatal desenlace
ao reflectir a súa situación actual coa frase "de saúde delicada a estas
alturas". Apenas dúas semanas despois coñeciamos a nova do seu pasamento,
con 72 anos, na súa casa de Vila de Cruces. Alfonso Sucasas Guerra
(Goiás / Lalín, 1940 – Ferreirós / Vila de Cruces, 2012) deixa muller, moitos
amigos, máis admiradores da súa obra e, disque, dúas ducias de traballos "inacabados".
"Os cadros
están aí para que falen e punto". Estas palabras son súas e definen moi ben
o seu pensamento. Logo de formarse na Escola de Artes e Oficios de Lalín e, durante
unha breve tempada, en Madrid, con dezaoito anos emigra a Venezuela. Para aló
marcha decepcionado tras suspender o exame de acceso a Belas Artes pero coa
intención firme de formarse artisticamente. Virá despois unha segunda etapa
marcada pola súa viaxe ó Brasil, que o axudará a desenvolver a súa vocación en
plenitude. En terras brasileiras, ademais de formarse como pintor, traballa
como publicista e decorador, até que regresa a Galicia en 1968, xa cunha
pequena e esperanzadora colección realizada. Dende entón, Santiago, Vigo e
Lalín serán sucesivos e recorrentes destinos nos que vivir e pintar. O retorno
a Galicia "resucita" as estampas de labregos, actividades agrarias, feiras,
festas, paisaxes rurais... que durante a súa etapa americana gardou na memoria.
Crea obras influído, máis que por outros pintores, pola situación social e
política de cada momento.
Ó contrario de
moitos dos seus contemporáneos, Sucasas vive case que á marxe dos círculos
culturais, entregado ó traballo. Este feito fai que non se poida falar del coma
un "pintor de etapas" segundo as influencias externas. Crea "libre",
coa figuración como referente, "clásico"... Nos oitenta é xa un
pintor "de éxito". A principios deste 2012, e sobre esta cuestión,
afirmaba: "A miña vinculación co mundo cultural durante os últimos anos
ten sido nada de nada de nada. Convertinme nese aspecto nun franciscano que foxe
do mundo para poder pintar o que a min me dá a gana. Non quero influenzas de fóra".
O profesor de
Historia da Arte Xerardo Fentanes, lalinense e amigo persoal de Sucasas, defíneo
coma "un home apaixonado da vida", que "pintou co corazón o que
levaba dentro, fóra de movementos e de diñeiro", e "a súa obra reflícteo".
O folleto dunha recente exposición de obras súas dicía ao respecto dun dos seus
cadros (Campesinas): "Sucasas, al igual que otros muchos pintores de fuerte arraigo a su tierra, encuentra en la realidad que lo rodea una fuente inagotable de inspiración. Su manera de interpretar la vida se traduce en las pinturas que buscan la memoria de la identidad, el sentido primitivista del mundo popular, los campesinos, las rotundas mujeres gallegas. La resolución, en estas tres campesinas, de unas formas subjetivadas e idealizadas, no implica la pérdida de la verdad que encierran. Las figuras conjugan rudeza e ingenuidad. Los colores se aplican espontáneamente. El carácter volumétrico de las figuras se refuerza con las gruesas u directas líneas de contornos, evidenciando un expresionismo de apariencia templada y esquemática". Probablemente, só probablemente, é unha descrición aplicable a moitas das súas obras e até a parte da súa vida artística.
Sucasas dicía ser
pintor "dende neno". Retratos, espidos e escenas costumistas suman a
maior parte da súa produción pictórica. A súa última exposición tivo lugar en
Vigo a principios de ano. As protagonistas eran 35 pezas que conformaban unha
retrospectiva na que se puideron ver mesmo traballos realizados durante a súa
estadía americana, onde experimentou co abstracto que, co tempo, quedaría só
para presumirse no interior das figuras que pintaba.
Obras súas colgan
hoxe nas paredes das máis importantes salas de exposicións, pero tamén en
moitas casas e empresas, do mesmo xeito ca nas principais institucións galegas,
como o Parlamento de Galicia, onde se poden admirar Antroido 1 e 2, e Follas.
Pasou os últimos
anos da súa vida na compaña da súa esposa María Espinosa Borrego, na vivenda
familiar e casa de turismo rural de Ferreirós, en Vila de Cruces, e os últimos
meses levando con suprema elegancia e discreción a enfermidade que acabou coa
súa vida. O ilustre pintor lalinense foi despedido por centos de veciños primeiro
na capela ardente instalada no Museo Municipal Ramón María Aller e despois, no
funeral. Pola súa banda, o Goberno municipal expresou a súa dó declarando dous
días de loito oficial.
P.D.: A creación dunha fundación que conserve,
divulgue e manteña o seu legado é agora algo máis ca unha posibilidade, é unha
obriga. Este era o desexo de Alfonso Sucasas. Será o mellor recoñecemento á
figura deste ilustre lalinense.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-16305355851605989012012-07-12T05:26:00.004-07:002012-07-12T05:34:31.640-07:00Os nosos artistas (II)
A excepción de Ramón Aller e Loriga Taboada, son os pintores os únicos "ilustres
lalinenses" aceptablemente coñecidos polos seus veciños e, con Ramón
Aller, os únicos habitantes desta vila amplamente distinguidos fóra dela. Esa é
a razón pola que esta entrega está dedicada de xeito conxunto ós pintores que
deu Lalín e que, co seu traballo, honran tamén a terra que os viu nacer. Catro
son os nomes que destacan: Laxeiro, Sucasas (ós que dedicamos a primeira
entrega), Lamazares e Aymerich.<o:p></o:p>
Antón Lamazares (Maceira, 1954): París, Nova York, Madrid,
Berlín...<o:p></o:p>
A aldea marcou os
seus primeiros anos de vida: as tarefas agrarias, as paisaxes, a pequena
escola... Pasa parte dos anos sesenta interno no Convento franciscano de
Herbón, onde esperta o seu interese por ler e escribir poesía, e se volve un
devorador de libros clásico.<o:p></o:p>
Autodidacta, a
Lamazares atópanselle influencias de Laxeiro, pero tamén de artistas dos que
vai coñecendo a súa obra en viaxes e visitas a museos e exposicións: Tàpies,
Miró, Francis Bacon, Van Gogh...<o:p></o:p>
Co comenzo dos
setenta, e despois dunha longa viaxe por Europa, fixa a súa residencia en
Barcelona, onde chega a traballar como obreiro na construción para poder
sufragar os custos dos estudos de arte. Na cidade condal mergúllase nos museos
e salas de exposicións e é alí tamén onde a súa afección pola poesía rexorde.<o:p></o:p>
A finais dos
setenta trasládase a Madrid, onde vive con intensidade a vida cultural da
capital e o inicio dunha fonda actividade pictórica que se prolongará durante
as dúas décadas seguintes, período no que comeza a residir longas tempadas en
Bruxelas, Nova York, Barcelona, Salamanca, París... con numerosas viaxes a
outras cidades de Europa, América e Asia. Así até descubrir o feitizo de
Berlín, onde reside dende 2004. Son anos nos que as súas exposicións se suceden
e multiplican case sen interrupción e nos que vai sumando numerosos
recoñecementos, entre eles, o Premio Laxeiro á traxectoria artística, a
Insignia de Ouro da Universidade de Santiago e a Medalla Castelao.<o:p></o:p>
Din del que
"é un pintor de series" máis que de etapas. A elas refírese con nomes
tan suxestivos como Lugar Donsión, Pol en Adelán ou E fai frío no lume, esta última marcada pola morte do seu pai. Pero
de Lamazares non convén perder de vista os seus gravados ou os seus traballos
en papel e, por suposto, os seus poemas.<o:p></o:p>
O éxito co que
recollen as crónicas o máis dun cento de exposicións individuais e o dobre de
colectivas dan exemplo do interese que esperta a obra de Lamazares por todo o
mundo.<o:p></o:p>
Guillermo Aymerich Goyanes. Lalinense, di que
naceu "por casualidade" en Santiago, en 1964. Logo da súa estancia
xuvenil en Porto Rico, viaxa a Valencia para estudar, primeiro, e doutorarse,
despois, en Belas Artes pola súa Universidade Politécnica. Profesor
(esporádico) desta institución e, sobre todo, artista e viaxeiro impenitente, neses
anos é un habitual da Algarabía e a Foliada do recordado Luís Areán. A música,
nomeadamente a de "valores lalinenses", como a do propio Areán ou a
do Xocas, é unha constante na súa vida, como o Lalín ó que regresa
periodicamente. "O retorno sempre vén ben para entender mellor isto e
valoralo máis. E a comida", afirma.<o:p></o:p>
Cualifícase a si
mesmo coma un "pintor picante" (o marketing
tamén é cousa das artes) e defínese como "pintor, viaxeiro, rastafari e
pangalaico que se mestura en distintos puntos do globo". Ten exposto e
espalladas obras polo mundo enteiro –25 exposicións individuais, máis de 200
colectivas e obras expostas en 30 museos dos cinco continentes–. Froito da súa
peripecia vital, Europa e China son referencias periódicas para a súa residencia
e para o seu traballo. Ó "país roxo" únelle, ademais do profesional,
a súa parella Wifi, modelo e cantante, un motivo máis para alongar a súa actual
estadía en Pequín.<o:p></o:p>
Xustifica o seu
espírito viaxeiro e a influencia de cada lugar no seu traballo comparando a
pintura coa cociña: "Non te podes limitar a unha despensa local".
Cada estada xera unha serie, unha colección, unha obra...
P.D.: A lista de artistas lalinenses é ben máis
longa. Como recordabamos no capítulo En feminino, lembramos a Mª do Carme Calviño
Iglesias, pintora nada na Xesta no ano 1938, de familia de mestres e
afincada dende nova na Coruña, onde desenvolve os seus estudos artísticos e
realiza boa parte do seu traballo pictórico. Tamén é de salientar o traballo do
tristemente desaparecido Willy, pois
moitas das súas obras (e até algunha reprodución) dan vida a moitos lugares da
súa vila. E novos valores como Álvaro
Negro, Miguel Calvo –Misha Bies
Golas– ou os Payo... Homes e
mulleres que dotan esta terra desa sensibilidade que a distingue doutras.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-68333206271319981342012-07-12T05:22:00.001-07:002014-12-17T10:05:25.773-08:00Os nosos artistas (I)
José Otero Abeledo,
Laxeiro, Alfonso Sucasas, Antón Lamazares e Guilermo Aymerich son as catro
patas que sustentan o banco (o cabalete de pintor, deberiamos dicir) da
expresión pictórica da capital de Deza. Catro nomes que, pola súa
"contundencia" artística, deixan pequenos, aínda que sen lle restar
mérito ningún, a outras ducias de artistas plásticos xurdidos nesta fértil
terra, sendo merecentes de recoñecemento e recordo.
Se por algo destaca Lalín nos últimos 100 anos é pola extensa colleita de
artistas de primeiro nivel que ten dado. Moitos deles acadaron relevancia
internacional, pero todos ficaron cun pé na terra na que abrollaron, coma se
dela chuchasen a enerxía precisa para seguir creando.
José Otero Abeledo -
Laxeiro: Nace en 1908 na cerna da parroquia lalinense de Donramiro, ao carón da
escola e do edificio que fora concello. Morre en Vigo en 1996. Os primeiros
anos discorren no seo dunha familia de sete irmáns –el era o maior– que pronto
emigra a Cuba, onde o luso Moreiras, mestre seu, marcará a súa vocación
artística e o interese pola vida cultural da Habana. Volve adolescente para
Lalín, onde reparte o seu tempo entre a pintura e a profesión de barbeiro, coa
que percorre as feiras e vive escenas que logo reflectirá nos seus debuxos.
Nace así o gran retratista que analiza con suma precisión a tipoloxía do
campesiñado galego. Sucesivas axudas públicas permítenlle formarse e viaxar
acotío a Madrid, onde comeza a frecuentar faladoiros e a compartir xuntanzas de
intelectuais galegos, entre os que se atopaban Vicente Risco, Castelao, Suárez
Picallo ou Otero Pedrayo, e, de camiño a elas, visitas e máis visitas ó Museo
do Prado. De volta a Galicia é xa un pintor "consolidado". Casa entón
con Luisa Villamarín e, froito da relación, nace Mari Cruz Otero. Frecuenta os
cenáculos artísticos de Compostela como xa fixera antes da súa estadía
madrileña e, logo dunha breve tempada na capital provincial, fixa a súa
residencia en Vigo, que, xunto con Lalín, van ser "domicilio
recorrente" para Laxeiro.
É un dos máis claros representantes do que se
deu en chamar "vangarda histórica galega", un grupo de renovadores
que sitúan Galicia no mapa mundial da plástica. Coma "un fabulador
plástico", así se pode resumir o seu perfil artístico, botando man dunha
das terminoloxías que se teñen empregado para definir a súa obra. Se falamos de
influencias, Laxeiro bebe do Románico e do Barroco galego, do Picasso
neoclásico, do expresionismo europeo ou do Goya máis negro. Gran debuxante, ten
deixado centos de traballos espallados polo mundo, moitos en panos de mesa,
manteis ou simples cuartillas.
Nos primeiros anos foi considerado un escultor
da pintura –"estética granítica", seica lle chaman os que disto
"entenden"–, por tomar da escultura en pedra de Galicia a
inspiración. Negros e ocres, e lenzos con escaso "aire", saturados as
máis das veces, danlle continuidade ó seu traballo, até chegar á época máis
influenciada por Goya. Eran os tempos en que escenas tradicionais da terra,
ritos, celebracións... tomaban protagonismo. Corren os anos 50 e Laxeiro cruza
de novo o Atlántico, desta volta cara a Bos Aires. Na capital arxentina
permanece vinte anos nos que, paradoxalmente, é influenciado polos artistas
europeos do momento, nomeadamente franceses, cun expresionismo un tanto irreal
ás veces. A súa pintura tórnase máis sinxela, menos cargada que no período
precedente pero sen conceder aínda grandes espazos "baleiros" ó
lenzo, que gaña en color.
En 1972, xa de volta en España, Madrid, Lalín e Vigo
son lugares de longas estadías que vai alternando sen fin, situándose á cabeza
do coñecido como movemento Atlántica. Os oitenta e os noventa son anos dun
especial recoñecemento en vida da súa obra: organízanse máis de medio cento de
mostras individuais, Vigo dedícalle un museo, recibe a Medalla de Lalín, o
Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, a Medalla de Ouro do Concello de Vigo e a
Medalla Curros Enríquez, e institúese a Bienal Laxeiro de Lalín.
Alfonso
Sucasas Guerra (Goiás, 1940): "Os cadros están aí para que falen e
punto". A frase é súa e define moi ben o seu pensamento. Logo de formarse
na Escola de Artes e Oficios de Lalín e, durante unha breve tempada, en Madrid,
con dezaoito anos emigra a Venezuela xa coa intención de formarse
artisticamente. Virá despois unha segunda etapa marcada pola súa viaxe ó
Brasil, que o axudará a desenvolver a súa vocación en plenitude. En terras
brasileiras, ademais de formarse como pintor, traballa como publicista e
decorador, até que regresa a Galicia en 1968. Dende entón, Santiago, Vigo e
Lalín serán sucesivos e recorrentes destinos nos que vivir e pintar. Crea obras
influído, máis que por outros pintores, pola situación social e até política de
cada momento. Ó contrario de moitos dos seus contemporáneos, Sucasas vive case
que á marxe dos círculos culturais, entregado ó traballo. Este feito fai que
non se poda falar del como un "pintor de etapas" segundo as
influencias externas.
De saúde delicada a estas alturas, Sucasas di ser pintor
"dende neno". Retratos, desnudos e escenas costumistas suman a maior
parte da súa produción pictórica.
NOTA: Sucasas falecería poucos días despois de escribirse este artigo, ver obituario: http://ilustreslalinenses.blogspot.com.es/2012/07/unha-fundacion-para-alfonso-sucasas.html
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-11081509278459215542012-07-12T05:08:00.001-07:002012-07-12T05:22:38.952-07:00Wenceslao Calvo Garra
260 publicacións e
comunicacións científicas e de investigación –apúntome ós que atribúen á
condición de científico o descubrimento de algo e á de investigador en profundidade
o coñecemento sobre algo concreto–. Esta espectacular cifra dá boa mostra do
traballo investigador dun lalinense e dos seus esforzos, grazas ós que se ten
avanzado moito en determinadas materias médicas. Neuropatólogo e radiopatólogo de formación e vocación, interesado polos estudos de tumores, traballou na Universidade de Valencia, no Laboratorio Nacional de Brookhaven de Nova York, na facultade de Medicina de Winston-Salem (Carolina do Norte), no Instituto de Hematoloxía da Universidade de Friburgo (Alemaña) e na Comisión Europea de Enerxía Atómica (Euratom). En 1968 trasládase á por entón recén nacida Universidade de Ulm. Wenceslao Calvo Garra nace en Lalín en 1921 e morre en Ulm (Alemaña) en 2003, logo dunha longa e frutífera vida, tanto no persoal coma no profesional.
Nace o que sería
ilustre doutor nunha época complicada e convulsa, social, política e
economicamente falando, en España. Ese mesmo ano, outro ilustre lalinense,
Joaquín Loriga Taboada, convertíase nun dos primeiros pilotos de combate aéreo
de España e participaba na guerra de Marrocos. Tamén entón, outro lalinense ilustre,
Ramón Aller Ulloa, un astrónomo xa consolidado e recoñecido, viña de publicar Algoritmia. Nunhas leiras, a carón do
observatorio de Aller, xogaba un neno de doce anos, Enrique Vidal Abascal, que
acabará sendo o alumno avantaxado e “sucesor intelectual”, como matemático e
astrónomo, de don Ramón.
Numerosas referencias
xornalísticas e biográficas citan a Calvo Garra como valenciano; seguramente
por terse formado nesa cidade e vivir nesa boa terra parte da súa vida: o seu
pai, Alfonso, chegou ó servizo de correos de Lalín procedente desas terras
mediterráneas. Aquí casou con María Garra, lalinense de ascendencia compostelá.
Sendo moi novo, a familia trasládase, por razóns laborais do cabeza de familia,
primeiro a Vilalba e logo a Requena, en Valencia, onde Wenceslao comeza a
estudar o bacharelato. Durante a Guerra Civil regresa coa nai e a irmá a Lalín,
onde continuará os estudos, que remata en Compostela. Cando finaliza a contenda,
a familia volve reunirse en Valencia, onde estuda Medicina na Universidade da
capital, a mesma onde máis tarde sería profesor de Anatomía Patolóxica e onde
estreita lazos cunha antiga compañeira de colexio, Raquel García de Leonardo,
con quen casa en 1947. Especialízase en Anatomía Patolóxica e investiga no
laboratorio anatómico dirixido polo compostelán doutor Goyanes nunha época na
que tamén principia a docencia, ó ser nomeado profesor axudante de clases
prácticas.
Cunha bolsa de estudos do
Consello Superior de Investigacións Científicas, Calvo Garra continúa a súa
formación en Lisboa, a onde viaxa xa pai da súa filla María Raquel, a primeira dos
cinco que chegará a ter. No Instituto Neurolóxico traballa no equipo do
profesor e Nobel de Medicina Egas Moniz, todo un especialista no comportamento
dos vasos e arterias. Afonda tamén nos seus coñecementos en anatomía patolóxica
e realiza os primeiros traballos sobre as consecuencias das radiacións
nucleares sobre o sistema sanguíneo, especialidade que, cos anos, acabará por
converterse na súa tarefa principal, dándolle sona mundial.
A Fundación Rockefeller
concédelle unha bolsa de estudos para seguir afondando nos seus coñecementos,
razón pola que viaxará ó Instituto Neurolóxico de Montreal grazas a unha
invitación do doutor Struthers, membro do comité de dirección desa organización.
Na cidade canadense Calvo Garra permanece un curso académico, deixando durante
ese tempo a familia en Valencia, por estar recén nacido o seu segundo fillo.
Doutórase en Madrid en
1950, ano no que obtén, ademais, o premio Ramón y Cajal de Investigación
Científica por un traballo sobre neurofisioloxía. Exerceu a docencia na
Universidade de Valencia entre 1952 e 1958. Durante a súa estadía valenciana
colabora, como investigador do Instituto Cajal, dependente do CSIC, no
laboratorio de Neuropatoloxía. En 1952 dirixe a construción do
Palencefalógrafo, un equipo que permite, mediante impulsos eléctricos, o estudo
de tumores cerebrais.
Cando xa se preparaba para optar
á cátedra da súa especialidade, na facultade de Medicina de Valencia, a piques
de cumprir os 40 decide presentarse á praza de neuropatólogo convocada para o
Laboratorio Nacional de Brookhaven. As amizades e coñecementos adquiridos durante
a súa estadía en Montreal tiveron moito que ver na consecución desa praza. Comezan
os anos sesenta. En Brookhaven incorpórase ó laboratorio de Medicina, onde
investigará os efectos dos neutróns no cerebro humano, buscando métodos
terapéuticos baseados na captura de neutróns para a loita contra tumores cerebrais.
Tamén tivo ocasión de estudar os efectos e posibles lesións cerebrais das
correntes de protóns de alta enerxía que, potencialmente, podía recibir un
humano no espazo... Eran os anos da carreira espacial de americanos e rusos.
Logo dunha breve estadía en
Carolina do Norte, cunha longa escala en Valencia, en 1965 trasládase a Alemaña.
En Friburgo realiza traballos sobre a rexeneración da médula ósea destruída por
radiacións nucleares. Unha vez creada a Comunidade Económica Europea e, con
ela, as súas primeiras institucións, no seu seo nace unha Comisión Europea de
Enerxía Atómica, a Euratom, nutrida por profesionais formados principalmente nos
Estados Unidos. Malia que España non pertencía á CEE, a súa experiencia
americana fíxolle acredor dun relevante posto na Euratom. Calvo Garra traballa
no equipo do doutor Fliedner, quen, tres anos máis tarde, marchará para a nova
Universidade de Ulm levando consigo boa parte dos seus colegas.
Así, tres anos despois de
chegar a Alemaña, Calvo Garra trasládase a Ulm, onde exercerá como profesor e
investigador. Nesta faceta consegue, entre outros logros, illar as células
sanguíneas formadoras das células tronco, células nai das primeiras.
Ulm é unha cidade alemá de
tamaño medio situada no sur do país, entre Stuttgart e Munich, á beira do río
Danubio; unha vila moderna, cun excelente sistema de transporte e unha universidade
que abrangue numerosas especialidades: medicina, económicas, informática...
En Ulm estudará os efectos
das radiacións atómicas en Hiroshima e Nagasaki, así como os das de Chernobil,
para o que viaxa unha tempada a Rusia. Con 70 anos deixa a Euratom, aínda que mantén
unha activa colaboración coa Universidade de Ulm, grazas ó seu nomeamento como
profesor emérito.
No ano 1975 participa na V
Reunión de Neurocirujanos de la Seguridad Social, celebrada en Valencia, a vila
na que se formara profesionalmente. Unha das crónicas xornalísticas da época, publicada
no ABC, refírese a el e ó congreso
con estas palabras: “Se han reunido en Valencia más de 25 grandes figuras de la
especialidad, entre los que se encuentra el valenciano Doctor Wenceslao Calvo
Garra, consejero de la Comisión Europea de Energía Atómica y referencia de los
laboratorios de histología y microscopia electrónica de la facultad de Medicina
de Ulm, en Alemania”.
En xullo de 1989, Wenceslao
Calvo Garra visita Lalín para recibir unha cálida homenaxe e o nomeamento como Fillo
Predilecto de Lalín, sendo alcalde da vila, que dende entón ten unha rúa que
leva seu nome, José Cuíña Crespo.
Agora que tan de
actualidade está a falta de saída profesional de moitos investigadores
españois, toman forza as verbas de Wenceslao Calvo Garra cando afirmaba, xa
xubilado: “Non vin nas nacións nas que traballei número tan grande de mozos que
tiveran, ó rematar a carreira, tanto entusiasmo por traballar na investigación
como en España, nin tan poucos que continúen nela ós poucos anos de intentalo.
Esta perda de vocación resulta moi lamentable e déixanos nun lugar secundario
na ciencia europea”. Acompañaba esta reflexión lamentándose da falta de
formación en idiomas da sociedade española.
Foi Calvo Garra un home
familiar, orgulloso da familia, á que lle atribuía boa parte dos seus éxitos e
a razón dos seus esforzos. El atopou na súa muller o apoio e comprensión que a
moitos científicos e investigadores “lles falta”, segundo el mesmo ten
reflexionado. Os seus descendentes, agás ocasionais visitas do seu fillo Juán
José, manteñen hoxe escasos ou nulos vencellos coa terra natal do seu pai.
P.D.: Wenceslao Calvo Garra é, malia o seu traballo, un gran descoñecido na
súa vila pero tamén, paradoxalmente, entre moitos colegas de profesión, como
quen isto asina tivo ocasión de comprobar entre respectables médicos e até
investigadores da área sanitaria e universitaria compostelá. Un descoñecemento
aínda maior no relativo ás súas orixes lalinenses.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-753366025348938702012-07-12T05:03:00.001-07:002012-07-12T05:08:42.902-07:00José Rodríguez González. O matemático de Bermés.
Poucos lalinenses teñen
sido tan “internacionais” no desenvolvemento da súa actividade profesional como
o Matemático Rodríguez. A das matemáticas –foi o primeiro matemático galego de
relevancia–, a agronomía, a xeodesia e a mineraloxía son as facetas que marcaron
a súa vida. Este claro expoñente da Ilustración ten entre os seus méritos o traballo
desenvolto á fronte dunha cátedra na Universidade da cidade do Apóstolo e os
servizos prestados ós Gobernos de España, o Reino Unido, Francia e Rusia.
José Rodríguez González naceu
en Bermés en 1770 e finou en Compostela en 1824. Aprendeu a ler el só e foi o
cura da súa parroquia quen, consciente da súa mente privilexiada, o recomendou
para estudar, primeiro en Monforte e logo en Compostela, cos xesuítas. Bacharel
en Filosofía en 1790, pasa logo a realizar estudos de Teoloxía. En 1798 xa
imparte clases de matemáticas na facultade de Medicina e gaña a cátedra por
oposición no 1800. Non deixa de estudar e, durante os tres anos seguintes,
cursa Botánica, carreira que remata en 1803, antes de se trasladar a París para
realizar estudos de matemáticas e astronomía. Será na capital francesa onde coñeza
o científico Jean-Baptiste Biot, con quen manterá relacións profesionais no
futuro inmediato.
Con só 26 anos, José
Rodríguez González xa se ten feito un nome, froito do seu traballo como
catedrático e das aportacións que vai facendo durante a súa estadía en París.
Chegan a España boas a abundantes referencias ó goberno da nación que, dende
1806, o incorporará a numerosos traballos científicos internacionais,
principalmente relacionados con medicións de arcos meridianos. Son anos de liortas
con Inglaterra –o ano anterior librárase a batalla de Trafalgar–, anos de “afrancesamento
á forza” da sociedade española, que en 1808 verá a José Bonaparte coroado rei.
Nestes anos, outro lalinense vive en Madrid os últimos anos dunha gloriosa
carreira: Francisco Gil Taboada, que fora vicerrei do Perú e por esas datas era
capitán xeral da Real Armada de España –coa ocupación dos franceses foi o único
membro do Gabinete que se negou a seguir no “goberno títere” e na segunda
invasión, xa octoxenario, negou xuramento de obediencia ó “rei intruso”, José
Bonaparte–.
Pero volvamos a 1806. Nese
ano, o Goberno do Estado desígnao, con José Chaix, para un comisariado español que
se encargaría das medicións do arco meridiano, tarefa que desenvolve xunto ós
franceses François Arago e Jean-Baptiste Biot, co obxectivo de prolongar o arco
“francés” até a illa de Formentera; rematan este traballo pero non poden seguir
coa prolongación sur ante a situación política que se está a vivir en 1808. O
mesmo Rodríguez explica nunha carta que “las circunstancias políticas no
permitieron operaciones subsiguientes, como medio de comprobar los resultados,
por la medición de una base que fuese independiente de la obtenida antes en
Francia”. O feito histórico é que a primeira grande operación xeodésica do
século XIX foi a prolongación cara a España deste “meridiano de Francia”,
realizada anos antes por Mechain e Delambre. O encargo foi realizado polo Bureau
des Longitudes, e no traballo interviñeron, como xa apuntaramos, François J.
Dominique Arago e Jean-Baptiste Biot, por parte de Francia, e José Chaix e José
Rodríguez González, por parte de España.
Eminente astrónomo, físico
e xeodesta, Arago foi secretario do Bureau des Longitudes e director do Observatorio
de París, e colaborou con Biot na medida do índice de refracción do aire. Pola
súa banda, Biot, un dos máis relevantes físicos, astrónomos e matemáticos da historia
francesa, descubriu a xeración de campos magnéticos e a polarización da luz.
Como outro lalinense, Ramón Aller Ulloa, un cráter da Lúa leva o seu nome,
honra reservada a uns poucos científicos.
Rodríguez González chegará
tamén á Rusia dos zares para realizar diversos traballos xeodésicos por
iniciativa de Alejandro I, quen o invita a dirixilos logo de se facer
mundialmente coñecido pola súa participación, xunto a Biot e Arago, no enlace
das illas Baleares coa triangulación da Península.
Anos despois, o astrónomo
lalinense Ramón María Aller recollerá no libro que escribiu sobre Rodríguez
para o Seminario de Estudos Galegos que nas actas da Universidade de Santiago,
da que Rodríguez era catedrático, se pode ler: “Tuvo este Claustro la mayor
satisfacción al ver con cuantas instancias fue V. convidado pª que tomase a su
cargo el importante destino de la dirección del depósito geográfico del vasto Imperio
de todas las Rusias, que S.M.I. sabe grangearse la estimación de los sabios
atrayendo a sus dominios los de todas las naciones. Pero si bien este Cuerpo se
honra en que un catedrático suyo hubiese merecido tantas distinciones, no puede
menos que confesar cuanto se complace al ver que con firme y heroica resolución
supo V. preferir a estas ventajas el destino de Profesor de Astronomía en el
Museo de Ciencias Naturales y el encargo de la organización del Observatorio de
Madrid con que S.M. acaba de agraciarle”.
Finalmente, Rodríguez
González renuncia ós traballos xeodésicos en Rusia, que foron realmente iniciados
baixo a dirección de Frederick G. Struve, astrónomo alemán ó servizo do zar, e o
xeneral Tenner, que “observaron una cadea de 258 triángulos que cubrían un arco
de meridiano de 25º 20’ dende o Danubio até o norte, enlazada posteriormente coas
redes europeas”.
Se non a máis importante,
cando menos a máis coñecida faceta do noso lalinense ilustre foi a dos
traballos desenvoltos para a coroa británica. En 1809 o Goberno español encárgalle
que estude os establecementos e medios cos que conta Inglaterra para o estudo
da astronomía, así como as súas posibles aplicacións para a xeografía e a
navegación. Chega a formar parte do grupo de científicos que foron quen de
triangular o meridiano 0 (máis coñecido como de Greenwich, que na Península
pasa por Monte Perdido, nos Pirineos, e Denia, en Alacante), corrixindo un erro
que persistía na época. Durante a súa estadía inglesa, que remata en 1812,
publica os resultados do traballo realizado baixo o título Observations on the measurement of three degrees of the meridian,
que é presentado na Royal Society. Nel corrixe as conclusións tiradas das
observacións e cálculos realizados por William Mudge na medición do arco entre
Clifton e Dunnose, poñendo en evidencia os seus erros de observación. Contemporáneos
seus como Delambre ou Von Zarch conviñeron no axeitado das súas conclusións.
Volve á súa cátedra en
Compostela, aínda que un par de anos máis tarde collerá de novo as maletas
rumbo a Alemaña. A mineraloxía semella ser a principal razón para aceptar un
traballo, tamén “por encargo” gobernamental, que o levará a residir alí entre
1815 e 1817, onde é coñecido como Joseph ou Pedro Joseph. A súa primeira parada
é a Escola de Minas de Friburgo, na Saxonia, onde establecerá contactos con
Abraham Gottlab Werner, o pai da xeoloxía e mineraloxía modernas. Logo pasará
pola Universidade de Göttingen. Alí escribirá Ueber die Gröfsenverhältnisse
des Erd-Sphäroids, publicado
en 1817 na revista Zeitschrift für
Astronomie und verwandte Wissenschaften. Neste traballo aborda diversos
aspectos relacionados coa xeodesia e, nomeadamente, sobre as “proporcións do
esferoide terrestre”, analizando o “achatamento” do globo. José Rodríguez introduce
este traballo coa seguinte afirmación: “Pero,
se ben todas estas medicións conveñen en outorgarlle á Terra unha forma
elíptica, ensanchada no ecuador e achatada nos polos, non concordan o
suficiente entre elas como para poder deducir diso o valor do achatamento e
outras proporcións”.
De volta de Alemaña, unha
longa estadía en París sérvelle para entrar en contacto con René-Just Haüy, que
lle regalará unha colección dun milleiro de modelos cristalográficos,
depositada ó seu pasamento na Universidade de Santiago. Retorna a España logo
de aceptar a oferta do Museo de Ciencias Naturais para desenvolver a cátedra de
Astronomía do Observatorio de Madrid.
Ilustrado, liberal e
comprometido co seu tempo, exercerá como deputado por Galicia nas Cortes españolas
entre 1821 e a súa morte, en 1823. Del só se conservan, como documentos
escritos, os dous traballos citados, elaborados en Inglaterra e Alemaña, así
como os escritos ou rexistros de comunicacións epistolares coa Universidade de
Santiago. Estes últimos constitúen o centro do traballo desenvolto por Ramón
Aller Ulloa para o Seminario de Estudos Galegos sobre a vida e obra do seu
paisano e “colega” matemático.
P.D.: A biografía de José Rodríguez González aínda está por escribir. Quero
reflectir con esta afirmación o pouco que se ten profundizado na súa figura. É
un traballo por desenvolver o de “sacar á luz” a vida e obra dun fillo ilustre
cuxa figura non foi suficientemente analizada (nin no humano nin no científico)
até os recentes traballos de Víctor Naverro ou dos profesores Docobo e Iván
Fernández, do Observatorio Astronómico Ramón María Aller de Santiago. Se cadra,
unha maior divulgación nestes anos do traballo de Ramón Aller sobre o
Matemático de Bermés tería contribuído a paliar o descoñecemento desta figura.
Dun xeito especial, damos as grazas a Iván Fernández
Pérez pola súa colaboración, nomeadamente sobre a pouco coñecida etapa “alemá”(ver
Revista da Real Academia Galega das
Ciencias–2011) e, como lalinense, polo
traballo de difusión da figura do Matemático Rodríguez.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-4201411098226512172012-07-12T04:48:00.001-07:002012-07-12T05:04:34.207-07:00JOAQUÍN LORIGA TABOADA (II)
Tenente de Artillería con
22 anos e piloto de aeroplanos con 26, con ampla experiencia en combate, antes
de cumprir os 30, Loriga conseguiu ser xefe de escuadrilla, titulado na École
Supérieure d'Aeronautique de París, piloto de probas do autoxiro C-6, de Juan
de la Cierva, e, ós 31 anos de que o viran nacer as verdes terras de Lalín, integrante
do raid Madrid–Manila. E cando un vive
tan á présa, a morte temperá (ás portas dos 32 anos) non pode facer outra cousa
que acrecentar a súa lenda e inserir con letras de ouro na historia da aviación
e na da súa terra natal o seu nome: Joaquín Loriga Taboada.
O voo Madrid–Manila e os
seus vencellos con Lalín son as dúas caras máis coñecidas dun dos máis
importantes aviadores da historia. Ámbalas dúas están unidas a dous aparellos
que lle deron moitas horas de ledicia a Loriga. Un deles foi o que o levou a
Manila, o avión Breguet XIX, un biplano de 450 CV, de dúas prazas, con
capacidade para 900 litros de combustible, 1.500 km de autonomía e capacidade
para 220 quilos de carga engadida. Este aparello, de orixe francesa e perfecto
para bombardeo lixeiro e recoñecemento, voou por primeira vez en 1920 e del
fabricariase anos despois un modelo chamado Breguet XIX Loriga, de 650 CV.
O outro aparello foi o Avro
504 K, que serviu de base para o autoxiro C-6 que el pilotaba. Con este mesmo
aparato co que fixera o raid
Madrid–Manila vai facer outro moi recordado polos galegos e, en particular,
polos lalinenses, o que o trouxo a Galicia para recibir homenaxes e honores,
nomeadamente en Lalín e Vigo. Unha particular viaxe de ida e volta a Madrid de
case dúas semanas, con escalas en Burgos, León, A Rúa de Petín, Lalín, Santiago,
A Coruña, Pontevedra, Panxón...
VOO MADRID–MANILA
Aínda que se viña preparado dende outubro de 1924, o 5 de abril de 1926 tres Breguet XIX equipados cos novos motores Lorraine de 450 CV despegan de Cuatro Vientos con destino ás illas Filipinas. Ó mando, os capitáns Gallarza, Loriga e Esteve e os sarxentos mecánicos Calvo, Pérez e Arozamena, con aparatos bautizados cos nomes de Fernando de Magallanes, López de Legazpi e Sebastián Elcano. Viña de nacer a Patrulla de Raid Elcano.
Todo vai ben até O Cairo. Na etapa, o avión de Martínez Esteve sofre unha
avaría e aterra no deserto, onde o piloto permanecerá cinco angustiosos días
antes de ser descuberto e salvado por un avión da RAF que, ó día seguinte,
rescataría tamén o seu mecánico.
Loriga e Gallarza continuaron o voo e o 24 de abril chegaban ó aeródromo de
Bien Hoa, a 25 quilómetros de Saigón. O curto treito Saigon-Vink-Hanoi-Macao,
de só 2.100 quilómetros, foi o más complicado tanto para a mecánica como para
os expedicionarios, principalmente cando padeceron as avarías producidas por unha
nube de mosquitos. Outros incidentes retrasaron logo a partida, resultando
significativo o do 1 de maio, no traxecto Hanoi-Macao; Loriga viuse obrigado a
tomar terra en Tien Pack, na costa meridional da China, onde o seu avión quedou
avariado. O lalinense explicouno, meses máis tarde, con estas palabras: “De
haber encontrado a mano un suelo despejado para el descenso, a buen seguro que
no hubiese alcanzado carácter de irremediable el accidente, puesto que consistía
en una simple fuga de agua... Mas en aviación, como en otros aspectos de la
vida, de pequeñas causas suelen nacer grandes catástrofes”, en alusión a que á fin
o motor agarrotouse e quedou inservible. A reparación non foi posible dado que
se achegaba a estación monzónica, coas súas choivas torrenciais, e facíase
preciso continuar axiña e non esperar a chegada do motor de reposto. Tras rescatalos
un barco portugués, Loriga reúnese con Gallarza e, xuntos, deciden seguir a
Filipinas nun só aparello que ocuparon deixando os respectivos mecánicos en
terra.
Ámbolos dous capitáns voaron o día 11 dende Macao a Aparri, ó norte da illa
de Luzón e, dende alí, continuaron a Manila, onde aterraron o día 13, recibidos
por unha multitude que os aclamaba. A aventura culminara. Realizaran o raid en 18 etapas correspondentes a 16 xornadas
de voo, levoulles 39 días, cubrírono en 106 horas e 15 minutos efectivas de voo,
facendo un total de 17.000 quilómetros.
LORIGA E LALÍN
Loriga Taboada veu ó mundo un
23 de setembro de 1895 no pazo de Liñares, na parroquia de San Martiño de Prado,
no seo dunha familia influínte; o seu pai, Eliseo Loriga Parra, terceiro conde
do Grove (o título foi herdado da súa irmá, que non tivo descendentes; de non
ter morto, sería herdado polo noso protagonista, pero o destino fixo que o
herdara a súa irmá Araceli, coa que rematou a liñaxe ó non ter descendentes
directos). O seu pai chegou a xeneral de Artillería e desenvolveu os cargos de
Mayordomo de Semana de Alfonso XIII e preceptor do Príncipe de Asturias, ademais
de ser valedor da carreira que anos máis tarde emprendería o seu fillo no exército.
A súa nai, Esperanza Taboada Bugallo, era descendente da liñaxe dos Taboada, do
pazo de Liñares.
A súa formación infantil
tivo ás casas familiares do condado do Grove, en Cambados, e de Liñares, como
principais centros. Só tiña 17 anos cando ingresa na Academia de Artillería de
Segovia.
Volverá á pequena vila de
Lalín, que ía crecendo á sombra de Lalín de Arriba e Donramiro, a recibir unha
multitudinaria homenaxe xa internacionalmente laureado e aplaudido nas tres
facetas que marcaron a súa vida: o autoxiro, o voo Madrid–Manila e o conflito
bélico do norte de África. Invitado polos “poderes” locais da época, o 23 de
xuño de 1927 chegaba, non podía ser doutro xeito, ós mandos dun avión Avro 504,
co que aterrou no Monte do Toxo. Logo de dar algunha volta sobre estas terras,
foi recibido por centos de veciños que o acompañarían até a vila e entre os que
se atopaba o seu pai, o aínda coronel e preceptor da S.A.R. o Príncipe de
Asturias. Inaugurouse unha rúa co seu nome, celebrouse misa, percorréronse as
rúas engalanadas... A instancias das autoridades abriuse unha subscrición
popular para lle regalar un avión, fondos que o destino faría que fosen para a
súa homenaxe póstuma: erguer a estatua de Loriga.
Logo visitaría Santiago, A
Coruña, Pontevedra, Panxón e Vigo, onde unha rúa levaría o seu nome e se
achegaría até o xa consolidado xornal Faro
de Vigo. En todos os lugares repetíronse recepcións, homenaxes, desfiles e,
por suposto, voos acrobáticos do aparello de Loriga para deleite de milleiros
de galegos. Case dúas semanas despois da súa aterraxe en Lalín retorna a Madrid
para retomar as súas tarefas militares e atopa a morte o día 18 de xullo, logo
de entrar en perda o avión Albert do aviador Magnard, quen lle permitira probar
a “moderna” máquina.
O cadáver foi levado ó
Hospital Militar, en Carabanchel, a onde acudiron as principais autoridades
civís, militares e, claro está, os seus pais e a súa esposa, con quen casara
sen o coñecemento familiar. Despois dos trámites de rigor e da xornada de
instalación da capela ardente, Joaquín Loriga foi trasladado polos seus
familiares a Galicia en tren para recibir sepultura en Losón, mentres voaban avións
por riba da comitiva fúnebre en homenaxe ó insigne piloto. Perdida a
vinculación familiar coas terras de Prado, anos despois trasladouse o seu corpo
a Madrid.
Lalín rendeulle unha
derradeira grande homenaxe o 27 de agosto de 1933 coa inauguración dunha
escultura, obra de Francisco Asorey.
En 1927 ascendeu a
comandante por méritos de guerra contraídos no período das accións
de 1924-1925 e publicou, en colaboración con Gallarza, o libro El vuelo Madrid–Manila. Recibiu a
Medalla Militar e a Cruz Laureada de San Fernando, foi nomeado Doutor Honoris
Causa pola Universidade de Santo Tomás e fillo adoptivo da cidade de Manila,
Medalla de Ouro de Ultramar, Medalla da Liga Internacional de Aviadores e, como
non, fillo ilustre da súa vila natal.
P.D.: Un agradecemento especial ó coronel do Exército do Aire don Emilio
Herrera Alonso, a nosa máis fiable fonte de información, quen co seu perfil de
Loriga en Cien aviadores de España, contribúe
a poñer en valor non só o lado “aventureiro” dun piloto de raids. Tamén, ó xeneral de Brigada Carlos Pérez
de Uríbarri, director do Instituto de Historia y Cultura Aeronáuticas e, por
suposto, ó Arquivo Histórico do Exército do Aire por esas imaxes que custodia e
puxo amablemente á nosa disposición. José Warleta e a Revista de Historia
Aeronáutica axudáronnos a calibrar a
importancia de Loriga para o éxito do autoxiro.
Todos eles, servidores públicos, “namorados do aire” que
traen recordos a este “xunta palabras” do himno que durante un tempo tiven
ocasión de cantar acotío: “Alcemos el vuelo sobre el alto cielo, lejos de la
tierra la esperanza nos lleva detrás. El aire en la guerra comienza a ser paz.”
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-69738100339373176722012-07-12T04:43:00.001-07:002012-07-12T05:04:41.969-07:00JOAQUÍN LORIGA TABOADA (I)
A historia deste fillo ilustre
de Lalín ben puido ser outra. A dun militar, oficial de artillería que na súa
breve etapa como militar “de terra” xa revelara o seu valor e coraxe na batería
de montaña de Melilla sería outra historia de chegar a triunfar a proposta de
baixa e retorno á súa unidade feita polo xefe da Escola de Pilotos de Alcalá de
Henares. Pero foi a intervención do director do Servicio Aeronáutico, o xeneral
Soriano, a que facilitou que rematara o período formativo de trinta horas de voo,
as suficientes para que Loriga, seguramente empurrado polas ansias de demostrar
a súa calidade, se fixese acredor da recentemente creada titulación de Piloto
de Aeroplano de Guerra.
Nacía un 23 de setembro de
1895, ó mesmo tempo que se inventaba o cinematógrafo dos Lumière que anos
despois o filmaría, pois será esta a ferramenta de traballo a empregar no
lanzamento mundial do autoxiro que el “soubo domar”.
Dentro desta serie de
Fillos Ilustres, desta volta dividida a súa publicación en dúas partes,
interésanos máis analizar as distintas facetas da súa curta vida que facer unha
narración cronolóxica delas, dende o convencemento de que Loriga foi moito máis
que o protagonista dun voo histórico, protagonista que, por certo, non rematou
ós mandos da súa aeronave: cousas da técnica.
MILITAR PRIMEIRO, LOGO PILOTO DE GUERRA
Foi Joaquín Loriga un
oficial precoz (a necesidade bélica de efectivos axudaba). De feito, gradúase
como tenente de artillería con 22 anos e logo dunha breve estadía en Vitoria,
vai destinado a Melilla, onde se integra nunha unidade de montaña e participa
en numerosas escaramuzas e enfrontamentos bélicos, a conta dos que se lle
recoñece reiteradamente o seu valor.
En 1920 a Loriga chéganlle
novas da convocatoria de prazas de piloto para a consolidación da incipiente
arma da Aeronáutica Militar. Solicita o seu ingreso e o consegue, obtendo o
título de piloto
en decembro do ano seguinte. Destinado a Tetuán, serve nunha escuadrilla de
biplanos Ansaldo,
coa que realiza diversas misións de bombardeo sobre Bukabrit, Sidi Also e
Yebel Hezzana. A pouca fiabilidade destes aparellos provoca a
disolución da escuadrilla. Tralos incidentes mecánicos, en febreiro de 1922 os
avións son repatriados e o persoal, integrado
noutras escuadrillas de Marrocos. O entón capitán Loriga pasa a mandar a 3a
escuadrilla do Grupo III, con sede en Sania Ramel, en Tetuán.
Logo de que, na primavera, o gobernante árabe Abd
el Krim decidira tomar o Peñón de
Vélez de la Gomera, cando xa estaba a piques de conseguilo con sistemáticos
bombardeos, o 13 de abril,
coa gornición ó límite do esgotamento e sen
municións nin víveres, o capitán Loriga ataca, á fronte de catro aeroplanos, as
posicións inimigas con tal efectividade que, despois da acción aérea, a harka de Abd el Krim viuse obrigada a
abandonar o intento de conquista. O Peñón mantívose e por mar puido ser
reforzado cunha compañía e abastecido
de víveres e municións. Catro días máis tarde, a escuadrilla de Loriga
esnaquiza as filas dos que asediaban a posición española de Miskrel-la.
Por esta e as demais acción
de guerra concédenlle a Medalla Militar Individual, que é razoada así polos
seus superiores: "Oficial entusiasta y decidido, presta excelentes servicios en
ambas zonas del Protectorado, distinguiéndose extraordinariamente el 13 de
abril de 1922 en el bombardeo de los poblados de la costa del Peñón de Vélez de
la Gomera, y el 17 del mismo mes, en las
proximidades de Miskrel-la para defender la posición
sitiada por el enemigo.
Piloto diestro y audaz, desarrolla una gran actividad
simultaneando su
actuación en escuadrillas de bombardeo con reconocimientos en la escuadrilla de
caza, la que no teniendo misión de combate aéreo por
carecer de aviación el
enemigo, es empleada, por la velocidad que desarrolla, como de vigilancia
extrema y reconocimiento rápido. Realiza numerosas
misiones de
reconocimiento y bombardeo y asiste a gran número de operaciones, siendo muy
distinguida su actuación en las realizadas los días 28 y 31
de mayo y 5 de junio,
reconociendo desde el amanecer, en un avión de caza,
continuamente el frente,
debiéndose a su actividad y pericia el descubrimiento del campamento del
Burrahal, en la orilla izquierda del Xemanar."
Estas xestas foron
realizadas a bordo de biplanos Martinsyde, que Loriga pilotaba despois dun
curso de caza no que aprendeu esta técnica con avións Spad.
Remata o ano 1923 e Loriga
deixa o combate para se desprazar
a París e obter o título en Enxeñería Aeronáutica, na École Supérieure d'Aéronautique.
Finalizado o curso, en xuño de 1924, colabora co traslado a España de doce avións
bipraza
Henry Potez-XV A.2, que consolidarán a división aérea do exército
renovando as unidades de
Marrocos.
O AUTOXIRO “DE LORIGA”
A participación de Loriga
no desenvolvemento do autoxiro e os éxitos de Juan de la Cierva Codorníu teñen
a súa orixe na resolución dos problemas que evitaban o éxito dun aparello
precursor do que, co tempo, coñecemos como helicóptero. A fórmula da rotación
era coñecida, pero non experimentada, e o autoxiro veu resolver os atrancos existentes.
De 1920 a 1925 Juan de la Cierva vai perfeccionando o aparello até chegar ó C.6
(sobre un triplano Avro 504 K) que, nas mans de Joaquín Loriga, comeza sete
meses despois da súa fabricación a dar de si o que en teoría o inventor esperara
del.
“Un buen día, uno de los
mejores pilotos militares españoles, el Capitán de Artillería Joaquín Loriga
Taboada [...] destinado a Cuatro Vientos como profesor de clasificación vio el
autogiro y se interesó en él. Los tres vuelos realizados por Loriga los días 9,
11 y 12 de diciembre de 1924 fueron definitivos para la historia de Juan de la
Cierva y su invento”. Con estas palabras o relataba hai uns anos o experto e
escritor José Warleta Carrillo en Aeroplano.
Loriga facía que a nave “colgara” do rotor, que se desprazara con control, que
respondera ás ordes dos mandos e que aterrara nun curto espazo. De la Cierva
sentenciaba logo da proba: “Hizo no una entrada en pérdida, sino un descenso
civilizado.”
Por fin, o autoxiro era
algo máis que un avión cunhas pas que rotaban por riba do piloto. O terceiro
día de probas, Loriga levou o aparello de Cuatro Vientos a Getafe en 8 minutos.
O obxectivo era que o mundo coñecese a fazaña, pero o lugar axeitado para iso
era o Salón Aeronáutico de París, que se celebraba esa mesma semana. Non había
tempo para levar o aparello a Francia e demostrar o logro. Loriga subiu ó tren
portando unha cinta de película. A fazaña fora filmada cun “moderno”
cinematógrafo, o mesmo instrumento que os Lumière patentaran o ano en que o
aviador nacera en Lalín. O piloto puido proxectar e explicar o logro o día 17
na Société Française de Navigation Aérienne. Franceses e despois ingleses
verían voar o aparello ó tempo que se fabricaba un C.6 bis (con rotor estilo buxaina:
pivotes envoltos cun cable), que espertaría meses despois o interese de Harold
Pitcaim, en Filadelfia (EE. UU.), quen quería desenvolver o helicóptero dun só
rotor e que resultou decisivo no futuro de Juan de la Cierva e o seu invento.
O 16 de xaneiro de 1925,
nunha proba ante os representantes ingleses da Casa Vickers, o motor rotativo
Rhône parou cando voaba por riba dos 50 metros. O lalinense foi quen de facer
un descenso controlado a hélice calada, facendo unha aterraxe na que recorreu
escasos 18 metros até deter a aeronave. O 24 de xuño Loriga realiza con este
modelo unha demostración ante o rei Alfonso XIII, do que recibe parabéns e
mostras de satisfacción. O 4 de setembro o C.6 bis foi embarcado cara a
Londres, a onde o piloto non puido viaxar por mor dunha enfermidade. De la
Cierva, moi criticado mesmo polo propio rei por non querer esperalo, solicita entón
os servizos de Frank Courtney. A demostración do día 19 causou sensación e o
aparello e o seu inventor consolidáronse internacionalmente, aínda que o seu
futuro escribiríase en letra inglesa, logo de pasar a mans inglesas e estadounidenses
patentes e dereitos, así como o perfeccionamento e fabricación de novos modelos...
Pero esa xa é outra historia.
P.D.: A maior parte das semblanzas, biografías e artigos reducen case á
anécdota a etapa en que Loriga se implicou no proxecto do autoxiro; só algunhas
fontes militares e estudosos aéreos poñen este feito á altura que merece. A
cuestión é que, con seguridade, nin De la Cierva nin o seu invento terían
acadado o éxito colectado de non terse cruzado no seu camiño aquel curtido
piloto de sangue galega.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-9293871817923446282012-07-12T04:35:00.002-07:002012-07-12T05:04:50.971-07:00De Deza, toponímico apelido entre a lenda e a historia escrita
Andeca foi o penúltimo
rei galego na época sueva. Foino durante un ano escaso, entre o 584 e o 585.
Logo de destronar a Eborico e casar coa súa nai, sería sometido polo visigodo
Leovigildo, que aproveita o conflito sucesorio para anexionar o reino suevo,
depoñendo a Andeca e evitando a consolidación de Malarico no trono. Até aquí, a
historia. As interpretacións (personalizables no xornalista, dramaturgo,
novelista e historiador Benito Vicetto Pérez) convertiron a Audeca ou Andeca en
Xandeca, e de aquí a Xan de Deça ou de Deza só quedaba un paso, paso abofé que
discutido e discutible.<o:p></o:p>
Son máis reservas que
certezas as que se tiran da análise histórica desta personaxe. Tan só un autor,
grande escritor e novelista pero non distinguido precisamente por ser
considerado “de gran rigor histórico”, sitúa a este monarca suevo no ámbito
lalinense. A historia escrita limítase a deixar constancia dun poderoso señor
das terras do noroeste ó que as circunstancias fixeron efémero rei e as conxecturas
históricas, lalinense ou, cando menos, dezán. As máis arriscadas achégano mesmo
ó contorno dos castros –por entón habitados na súa meirande parte e orixe de
moitas vilas: Dozón, Gresande, Palmou, Donramiro, Bermés, Bendoiro...–. O
historiador ferrolán Benito Vicetto é quen ten ofrecido a cara máis dezá do
noso protagonista, Xan de Deza, Andeca para os suevos sobre os que exerceu o
seu reinado.
Feitos históricos, lendas e
interpretacións mestúranse nas narracións de diversos historiadores e
escritores; as máis controvertidas, as de Benito Vicetto, o gran (único talvez)
defensor da “conexión dezá” de Andeca. De Vicetto, outro lalinense, científico e
rigoroso en todos os seus traballos, Benito Varela, chega a dicir que “evoca
con espíritu romántico y con imaginación ardiente...” a figura do efémero
monarca suevo. Moito máis aceda, cuestionando a súa escasa valía como
historiador, é a valoración que de Vicetto fai Erwin Koller na súa obra Suevos–Schwaben. Outra escritora,
Victoria Armesto, publica en 1969 Galicia
Feudal, onde lembra que “hubo un Xan de Deza protagonista de una tragedia
galaica. El rey suevo Miró II, hombre muy piadoso y que sólo hacía lo que le
mandaba San Martín Dumiense, murió dejando al príncipe heredero, Eborico,
encomendado a su mujer Seguncia. Seguncia se enamoró de Xan de Deza quien,
ambicioso de poder, mandó cortar el pelo de Eborico dejándole por ello –según costumbre
de los suevos– incapacitado para reinar. Xan de Deza se hizo rey de Galicia,
pero no disfrutó mucho tiempo del poder ya que fue derrotado por Leovigildo quien,
a su vez, le corto las barbas y las melenas”. Un relato, polo demais,
claramente influenciado pola “doutrina Vicetto” sobre os suevos e, en particular,
sobre o feito de que Andeca e Xan de Deza fosen a mesma persoa.
Dende 1865 a Historia de Galicia de Benito Vicetto
ofrece a “arriscada” teoría de que Andeca, ou Audeca, era en realidade Xan de
Deza, veciño das terras do mesmo nome situadas na Galicia Central. A súa teoría
semella casar máis noutra das súas obras, Los
reyes suevos de Galicia, claro que esta é unha novela, xénero no que
Vicetto foi un prolífico autor que lle fixo merecer o alcume do “Walter Scott
de Galicia”.<o:p></o:p>
Volvamos ós feitos
históricos. No ano 411 d.C., con Hermerico como primeiro rei dende o 409, ano
da súa entrada na Península, e logo de asinar un pacto co emperador Honorio, os
suevos, xunto cos vándalos aslingos, ós que máis tarde expulsarían cara ó sur, inician
unha lenta penetración en Galicia. Tras un acordo co resto dos pobos xermánicos
ou bárbaros desprazados polos hunos da Europa Central –deixando para os vándalos
e alanos o resto da Península– e deste xeito converten o noroeste peninsular no
seu territorio. Na comarca de Deza co tempo xorde como tal o condado de Deza,
como reflicten as actas do concilio de Lugo do ano 569, cunha configuración non
moi distinta da actual. <o:p></o:p>
Cara ó ano 583 Miro
morre e sucédelle o seu fillo Eborico, quen estivo pouco tempo no trono, do que
foi afastado por Andeca, que reinaría só nos anos 584 e 585. Malia estar prometido
coa irmá de Eborico, isto non evitou que, no ánimo de fortalecer una nova
estirpe real, Andeca casara coa nai desta e viúva de Miro, proclamándose rei.<o:p></o:p>
No seu “asalto ó
poder” Andeca estivo apoiado polo grupo máis radical da nobreza sueva, a prol
de manter a independencia con respecto ó reino visigodo, con capital en Toledo.
Capitaneados por Andeca, enfrontáronse a Eborico, que foi destronado, tonsurado
e confinado en Beja, o mesmo que faría un ano despois Leovigildo con Andeca. A
tonsura –corte de pelo– e o ingreso no clero eran situacións que, segundo as
leis da época, inhabilitaban á persoa para o exercicio do poder civil.<o:p></o:p>
As nupcias con
Sisegunda, nai da súa prometida e do destronado Eborico, buscaban lexitimar unha
liña de sangue no exercicio do poder suevo. Coa axuda de boa parte da nobreza,
dende a sede da Corte, en Ourense, encamiñou os seus esforzos a marcar diferenzas
co resto dos pobos peninsulares, a desvencellarse e a afastarse do poder
visigodo reforzando o tesouro real. Esforzos que quedaron en nada, seguramente
pola actitude tiránica do noso protagonista e logo das peticións de axuda de
Eborico, sen esquecer o apetecible que resultaban as súas riquezas para o entón
todopoderoso Leovigildo, co que a hoste de Andeca se enfrontou e sucumbiu
despois dun erro militar amplamente narrado na época. O godo enganou o suevo
cando este último o esperaba na “parte galega” do río Douro. O que fixo
Leovigildo foi cruzar o río por unha zona situada máis arriba, sorprendendo así
o campamento de Andeca.<o:p></o:p>
As poucas referencias
escritas a Andeca descríbeno como un poderoso “magnate” do seu tempo que
exerceu o poder con tiranía e despotismo, o que deu xustificación a Leovigildo
para iniciar unha campaña militar contra el, en defensa dos dereitos de
Eborico. Tras prender a Andeca, fixoo tonsurar e ordenar presbítero para,
deseguido, desterralo ós confíns do reino. No canto de restaurar a Eborico no
poder, Leovigildo apoderouse do tesouro real, acrecentado polo acumulado por
Andeca. A Gallaecia incorporábase así ó reino godo.<o:p></o:p>
A historia volve
mesturarse coa lenda: a Península está unificada baixo o mando dos visigodos, dos
que un dos principais reis sería Wamba, ó que tamén a historia –lenda duns
poucos– sitúa como natural de Castro de Dozón (son lexión pola contra os que
outorgan esa honra a outras vilas, dende Ronda a Burgos, pasando por terras
portuguesas) ou Égica, sobriño de Wamba. Estudosos da Heráldica sitúan a Égica
como orixinario ou, cando menos, herdeiro destas terras, nas que sería o fundador
da estirpe do señorío e posterior condado de Deza, a principios da centuria do
700. Witiza, o seu fillo, gobernou as terras de Gallaecia dende a sede real de
Tui, para logo herdar o reinado.<o:p></o:p>
Moito antes da
chegada do milenio, a Historia, con maiúsculas, verá escrito o apelido ou o
toponímico de Deza cando os sucesivos señores deixen unha pegada ben documentada
como condes ou señores; así o fixeron Afonso e Gonzalo Betote, condes de Deza.
Co tempo serán sucedidos polas estirpes dos Arias, dos Pérez e dos Suárez, señores
de Deza... cuxas riquezas e herdanzas acabarán en mans dos condes de Lemos
séculos despois.<o:p></o:p>
Deixa constancia do
poderío destas sagas Eduardo Pardo de
Guevara en 2006, na Revista da Asociación Cultural de Estudos Históricos Nalgures, ó lembrar que “sobresalió la
figura del arzobispo don Pedro Suárez de Deza, que gobernó la archidiócesis compostelana
entre los años 1172 [?] y 1206. No es posible reconstruir la sucesión y
trayectoria de este grupo familiar, salvo algunas noticias aisladas o sin
contexto suficiente. En el Livro do Deão se consigna, por ejemplo, el
matrimonio Alfonso Suárez de Valladares, hermano de Pedro Suárez o Sarraça, con
doña Teresa Anes de Deza –o de Sas, como escribe J. A. de Sotto Maior Pizarro–,
quedando de ellos un Fernando Alonso de Deza, que no dejó sucesión, y doña
Mayor Alfonso de Deza, que casó a su vez con Gómez Enríquez de Provaos. A
comienzos del siglo XIV sobresalió un nieto de estos últimos: el famoso Alonso
Suárez el Churruchao, que fue mayordomo del infante don Felipe y adelantado
mayor de Galicia; su oposición al arzobispo Fr. Berenguel culminó con su propio
asesinato en el castillo de la Rocha, inmediato a Santiago”.<o:p></o:p>
Tamén algunhas
historias nos teñen atribuído “insignes” co mesmo apelido, cuxo topónimo ben
podería proceder das terras sorianas do actual Ayuntamiento de Deza, terras
vencelladas ós duques de Medinaceli e a ilustres sagas de homes de Igrexa.<o:p></o:p>
E de volta ó noso Xan
de Deza. Así, entre a historia e a lenda, foise creando unha figura, probablemente
tan irreal como a dos poemas de Curros Enríquez, o Ciprianillo:<o:p></o:p>
Xan
de Deza, bon labrego,<o:p></o:p>
que
deixaches tanta sona<o:p></o:p>
nas
Castillas,<o:p></o:p>
onde,
manso boi galego,<o:p></o:p>
fuche
a gala, a flor e a tona<o:p></o:p>
das
cuadrillas.<o:p></o:p>
P.D.: Moitos Xan de Deza para un Xan de Deza só!<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-78693019947146165542012-07-12T04:29:00.002-07:002012-07-12T05:04:58.733-07:00Don Ramón, de Donramiro ó ceo pasando polas estrelas
Os estudos eclesiásticos
teñen sido, para unha gran parte dos ilustres cidadáns que nos deixa a historia,
unha porta aberta ó coñecemento e até ó espertar de vocacións científicas e
investigadoras. Cúmprese este principio en boa parte dos nosos Fillos Ilustres,
aínda que por distintas circunstancias. Nalgún caso, a Igrexa foi a vía de
escape que lles permitiu a moitas persoas sen recursos acadar os niveis máis
altos de formación. Non parece ter sido este o caso de Ramón Aller. A súa pertenza
a unha familia patricia, ben acomodada, que mantivo certa oposición ó seu
ingreso na vida sacerdotal, sitúao nunha órbita ben achegada ó vocacional, aínda
que esta vocación relixiosa espertara co tempo e co tempo quedara relegada (que
non afastada) a un segundo plano ante o empurrón dos seus intereses científicos.<o:p></o:p>
Home humilde, modesto e adicado
ós demais son cualidades reiteradamente recoñecidas a Ramón María Aller Ulloa (Donramiro, 1878 - † Lalín, 1966). Bautízano
o 4 de febreiro (nacera ás 00:30 horas do día 3) en Santa María de Donramiro. O
nome, o do padriño, e os apelidos contan cunha longa historia: o Aller vén das
terras das Mariñas coruñesas e o Ulloa, da mesma parroquia de Donramiro. No pazo
de Filgueiroa viña de nacer un humilde de casa nobre. Até as anécdotas reforzan
esa imaxe: na acta correspondente, testemuñan o seu nacemento dous humildes labregos,
José Lalín e Ventura Portas. No pazo, as xentes e a súa nai falaban galego e o
galego foi a lingua da casa, das ensinanzas e dos agarimos da infancia.<o:p></o:p>
Ós sete anos vai vivir e
estudar a Lalín e con once marcha interno á Guarda para cursar bacharelato cos xesuítas,
que espertan a súa tripla faciana: relixiosa, matemática e astronómica. Aquí
coñece ó padre Merino, que tiña construído no centro escolar un observatorio meteorolóxico
de gran nivel para a época. Cando remata os estudos, no 1894, xa sementara nel
o inzo científico, que cultivou con numerosos traballos sobre meteoroloxía e
botánica. Nesta época revélase ademais como excelente pintor e mellor
debuxante, algo que lle será de gran proveito no futuro, cando comece a deseñar
aparellos de observación.<o:p></o:p>
Dende 1894, nos seminarios
de Lugo (onde se ordenará sacerdote en 1900) e Santiago cursa a carreira
sacerdotal, que remata dous anos antes do habitual. Con só vinte anos, razón pola
que se fai precisa unha dispensa, logo do acurtamento do período formativo, xa
é licenciado e doutor en Sagrada Teoloxía. Durante a súa estadía no seminario,
a súa avoa Camila xa lle regalara un anteollo de 67 milímetros. Matricúlase,
por libre, en Oviedo para estudar Ciencias Exactas e, ó ano seguinte, traslada
a matrícula a Madrid, onde remata a carreira en 1904. Non consegue o título até
1916, pois no camiño crúzaselle un exame sobre Astronomía que suspende logo de
ter a ousadía de levarlle a contra ó catedrático con puntos de vista distintos.<o:p></o:p>
O teodólito Troughton &
Simms súmase ó anteollo e a outros complementos de observación, e con eles
volve á casa familiar, onde sistematiza o seu traballo de astrónomo que dá
lugar á súa primeira publicación froito das observacións do cometa Johannesburgo
en 1911. Por esas datas xa tiña feito numerosos seguimentos e anotacións de
relevancia: o tránsito de Mercurio perante o Sol (1907), o eclipse de 1905, os pasos
de estrelas... Son anos nos que se traslada periodicamente a Castro Urdiales (de
1911 a 1920) para facer uso dos excepcionais instrumentos con que estaba dotado
o observatorio desa vila. Desa época é a formulación dun novo método para os
rexistros do paso de estrelas, empregando a referencia de dúas verticais
perpendiculares. Confírmase ó mesmo tempo como un matemático de primeiro nivel.
Como tal, publicou importantes traballos, como Algorítmia, principios fundamentales de la ciencia de los números
(1918) ou o texto completo de Astronomía.<o:p></o:p>
Froito das súas visitas a
Castro Urdiales, toma a decisión de poñer en marcha na súa vila natal un
observatorio astronómico. Madeira e cravos son todo o material que precisa para
construír, en 1917, no xardín da súa casa dúas casetas nas que instala os seus
equipos de observación, ós que tiña sumado o telescopio alemán de 120 milímetros,
o ecuatorial Steinheil, que el mesmo mellorou, e dende alí desenvolve ducias de
traballos sobre astronomía e matemáticas, publicados nas revistas máis
reputadas do momento. É o caso da Revista
de la Sociedad Astronómica de España e América, Ibérica, a Revista Matemática
Hispanoamericana, a alemá Astronomische
Nachrichten, a francesa L'Astronomie...
Deseña prototipos e revela unha alta capacidade para a construción de aparellos
para a observación e o estudo.<o:p></o:p>
Os seus parentes están
detrás do financiamento das súas "necesidades técnicas". A morte de
Saturnino Aller e o usufruto da súa herdanza permítenlle, xunto a novas e repetidas
axudas de María Lajosa, mellorar os seus medios. Chega así o refractor
Steinheil de 120 milímetros, que "xubila" ó de 108 milímetros, e a
modificación do observatorio, ó que se lle engade unha cúpula. Son os anos dos grandes
descubrimentos e das medidas de estrelas dobres (de todas as especialidades,
foi na que máis salientou), o exame de superficies planetarias e as
observacións ocasionais froito de horas que botou sentado diante dos aparellos:
eclipses, tránsitos, ocultacións, choivas de meteoros, auroras e cometas. En 1933
describe a choiva de estrelas fugaces Dracónidas do 9 de outubro, que publica
en Las Ciencias en 1934, e na mesma
época deseña un astrógrafo para a empresa Zeiss co carimbo "Observatorio
Astronómico de Lalín". Algúns contemporáneos referían en Lalín unha
fábrica de equipos astronómicos de alto nivel, industria que na realidade se
limitaba ó noso crego, ós seus planos e a un par de colaboradores capaces de
converter en metal un debuxo nun papel seguindo escrupulosamente as meticulosas
directrices do deseñador astronómico lalinense. Observa sistematicamente
planetas e deixa constancia permanente das horas de traballo en publicacións e
anotacións, estas últimas en forma de cadernos que se conservan no instituto
que leva o seu nome na capital de Deza.<o:p></o:p>
Nos dez anos anteriores ó
inicio da ditadura de Francisco Franco, a casa lalinense de Aller Ulloa viu
desfilar ilustres galeguistas e estudosos, colaboradores coma el do Seminario
de Estudos Galegos: Risco, Filgueira Valverde, Otero Pedrayo e outros contemporáneos
que foron iniciados na observación. O noso lalinense pertencía ó Seminario
dende novembro de 1928, cando foi admitido cun traballo sobre o matemático
Rodríguez, e destacou pola súa proximidade ós galeguistas e ó pensamento da
época.<o:p></o:p>
Ó remate da Guerra Civil
incorpórase, en 1940, á Universidade de Santiago da man dun discípulo seu,
Vidal Abascal. Faino como mestre de Xeometría Analítica e Análise Matemática e
tres anos despois inaugúrase o observatorio do campus, ó que se trasladou o
refractor, o teodólito e boa parte da súa biblioteca dende Lalín. Doutórase en
1943, con 65 anos, e ese mesmo ano funda o actual observatorio astronómico da
USC, que leva o seu nome. Un ano despois créase a cátedra de Astronomía, da que
se encargaría o noso protagonista. O Centro Superior de Investigaciones
Científicas implicouse con Ramón Aller e o novo observatorio, financiando
obras, equipos e, á fin, publicando en 1944 Introducción
a la Astronomía. Non chegou a obter das autoridades o cobizado refractor de
máis de 30 centímetros de apertura que tantas veces reclamou por consideralo imprescindible.<o:p></o:p>
Nesa época, Aller e dous
discípulos, Antonia Ferrín e Vidal Abascal, agora xa mestres, sentaron as bases
para a creación da Facultade de Matemáticas na Universidade de Santiago, na que
os tres serían os seus primeiros mestres. Foi a relación con Enrique Vidal
Abascal tan estreita, amistosa e de mutua admiración que á teima do alumno se
lle atribúe a maior parte do mérito do desembarco de Aller como mestre en
Compostela e da creación do observatorio. O propio astronómo contaba as
xestións: "En la misma época de mis comienzos como Profesor era Director
del Instituto de Pontevedra D. Enrique Vidal Abascal quien comenzó a remover de
nuevo la cuestión de dar carácter oficial al Observatorio de Lalín, para lo
cual se dirigió a las Diputaciones de Galicia, animando a la de Pontevedra para
tomar la iniciativa. Vino a Santiago a tratar el asunto y entonces el Rector D.
Carlos Ruíz del Castillo resolvió prescindir de toda clase de rodeos. En cuanto
dispuso de los datos necesarios, pidiéndomelos directamente y por medio de D.
Luis Iglesias, apuró al arquitecto D. Jenaro de Lafuente, que dirige las obras
de la Residencia, para que concluyese los planos del pabellón destinado a
Observatorio, y, poco antes de dejar la Universidad Compostelana para
trasladarse a Madrid, venciendo no pocas dificultades, todo quedaba concluido
para la aprobación ministerial".<o:p></o:p>
Na súa biografía pública e
publicada transcende pouco da súa espiritualidade e das tarefas desenvolvidas en
relación coas institucións relixiosas. De feito, ó rematar os estudos
sacerdotais manifestara a súa vontade de non desempeñar cargos relixiosos nin
percibir retribucións polas actividades que, neste eido, puidera desenvolver.
No seu haber están 75 publicacións técnicas, 4 libros (Algoritmia, Introducción a la
Astronomía e Astronomía a Simple
Vista foron varias veces editados), 5 teses dirixidas... e, como non, as 4
estrelas dobres, que levan o seu nome, descubertas por el e debidamente
documentadas e publicadas. Foi o introdutor e pioneiro en España desta
especialidade da observación astronómica.<o:p></o:p>
Mediados os sesenta, fraquea
a súa saúde e Aller regresa a Lalín, onde falece un 28 de marzo de 1966. Repousa
no adro da igrexa de Donramiro, a súa parroquia natal, baixo unha sinxela
lápida na mesma terra que de neno pisaba indo para a misa. A súa herdanza
profesional (libros e instrumental) pasan á propiedade da Universidade e en
1983 o observatorio universitario é bautizado co seu nome.<o:p></o:p>
Conta cunha longa lista de
honores e nomeamentos, entre os que destacan a Gran Cruz de Alfonso X o Sabio, a
Medalla de Ouro de Compostela, o título de Fillo Adoptivo de Santiago, o de Coengo
de Honra da Igrexa Catedral de Compostela e, por suposto, o de Fillo Predilecto
de Lalín, vila que o 4 de setembro de 1960 lle tributa unha cálida homenaxe. Del
teñen escrito ducias de autores; sen dúbida, quen con maior paixón e
coñecemento o fixeron foron os seus discípulos, Antonia Ferrín e Vidal Abascal,
e máis recentemente o profesor Docobo Durántez, responsable do observatorio universitario.<o:p></o:p>
Ducias de rúas, edificios e
publicacións honran o seu nome, como a rúa que ás poucas semanas do seu
pasamento lle dedica a cidade da Coruña e, co tempo, moitas outras de Galicia. En
1989, Lalín inaugura o museo que leva o seu nome. Moi por riba destas, o seu
coetáneo Hugh Percy Wilkins puña o nome de Ramón Aller a un cráter lunar.<o:p></o:p>
Aló arriba, catro estrelas
e un anaco de Lúa teñen para sempre o nome do pequeno gran home, sacerdote,
científico e lalinense: Ramón María Aller Ulloa.<o:p></o:p>
P.D.: O coñecemento da obra e vida de Ramón Aller é accesible na súa casa
museo de Lalín e no observatorio da Universidade de Santiago. Non tan coñecido é
o feito de que a biblioteca e o museo do Seminario Diocesano de Lugo son posuidores
dun bo número de libros e manuscritos do noso protagonista, ademais dun dos
primeiros telescopios da súa propiedade (tiven a honra de velo na miña etapa de
seminarista en Lugo, e cónstame que é un dos "recordos" máis prezados
pola gran familia deste emblemático e fermoso centro, casa na que se formaron
centos de veciños da capital de Deza).<o:p></o:p>
Lalín ten tamén unha débeda de recoñecemento cun home de
sangue lalinense: o alumno e amigo de Don Ramón, Enrique Vidal Abascal, nacido
en Oviedo e formado na Coruña, xa que nestas vilas foi onde o seu pai, natural
de Lalín, exercía como delegado de Facenda. Pero de neno xogou moitos veráns na
horta da casa familiar que lindaba co observatorio. O neno que admiraba aquel
cura que ollaba para as estrelas acabou sendo o seu alumno avantaxado, amigo e
até impulsor profesional.<o:p></o:p>
Bo pintor, como Don Ramón, seu é o retrato máis popular que
se ten feito do astrónomo e súa, a dedicatoria ós lalinenses: "A as xentes
de Lalín, de donde era o meu pai, que tan outo sentido teñen da amistade. Xentes
traballadoras e rexas, mais tamén sensibres, intelixentes e agarimosas. Con
fonda saudade."<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-32978798356902858282012-07-12T04:13:00.001-07:002012-07-12T05:05:10.011-07:00BENITO VARELA JÁCOME
O
noso protagonista de hoxe é Benito Varela Jácome, un dos lalinenses ilustres
menos coñecido polos seus conveciños, malia teren sido contemporáneos, até o
punto de que o día do seu pasamento moitos se "enteraron pola prensa"
do seu vencello coa vila, que bautizou a súa biblioteca co seu nome. Filólogo,
divulgador, escritor e profesor de varios institutos e de dúas universidades,
destacou polo seu traballo no eido da crítica textual. Investigador literario
infatigable, a súa actividade superou o profesional para rozar a devoción. As
fértiles terras de Soutolongo vírono nacer en 1919 e cando morreu, en 2010,
recibiu sepultura na "súa Compostela", testemuña dos cualificativos
que os seus discípulos lle outorgaron e entre os que figuran o de "persoa
enorme, home humilde que exerceu a docencia con rigor e tenrura".<o:p></o:p>
Coñeceu
a guerra de cerca, no Ebro. Posiblemente, desta etapa fixo súa a lección da
importancia de pasar pola vida con discreción, aínda que os teus actos e a súa
transcendencia non o sexan. Varela Jácome estuda Filosofía e Letras en Santiago
e doutórase en Madrid. A Universidade de Santiago e a Complutense foron os
centros nos que recibiu a súa formación e, en orde inversa, os espazos dende os
que el formaría centos de mozos. En San Sebastián obtén por oposición a cátedra
de Lengua y Literatura Españolas de Institutos de Ensino Medio e é na cidade
donostiarra onde publica o ensaio Novelistas del siglo XX. Principia así
un periplo por varios institutos, nos que comparte os seus coñecementos cos
alumnos. Faino no Instituto Masculino da Coruña e, máis tarde, no Arcebispo
Xelmírez de Santiago, cidade na que comeza a colaborar coa Universidade. Nestas
anda cando decide opositar, con éxito, á praza de Literatura Hispanoamericana
da Complutense de Madrid, onde dirixirá o departamento varios anos, até que en
1980 é nomeado director do de Literatura Española da universidade compostelá.<o:p></o:p>
Como
alumno, os seus contemporáneos e algún mestre "colgáronlle" a
etiqueta de exemplar. Foino, entre outros, de Torrente Ballester, con quen
compartía a idea de que a literatura estaba por riba de idiomas e nomes
propios, e a el unírono co tempo estreitos lazos de amizade. Como profesor de
instituto foi definido por moitos como "un cacho de pan". Suso de
Toro escribiría del anos máis tarde: "Aquel profesor de instituto renuente
administraba as súas doses de xeito discreto e cauto entre eses adolescentes
que se achegaban. Nunca se sabía, podíase abrir a porta en calquera momento e
viren por un. Logo de que os discípulos partían do instituto para a vida ou
para a universidade, algúns aínda roldaban polos corredores ou por aquel cuarto
pequeno e cheo de libros que era o Departamento de Lingua e Literatura do
centro. Ían á procura de libros ou a parolar sobre algunha lectura: acudían
onda o mestre, non querían marchar de vez e voltaban á casa". Nestas
mesmas páxinas do Faro adicadas ao Deza, Suso de Toro afirmaba que
"non foi recoñecido" e que por iso mesmo sempre tivo "a
necesidade de reivindicalo". A razón tena clara: "[...] aos
adolescentes que asistimos ás súas clases nos colexios, institutos e incluso na
Universidade transmitiunos unha serie de coñecementos aos que nunca poderiamos
chegar doutro xeito". Del escribía, en 2006, José Luís Alvite no Faro
de Vigo: "Recuerdo a don Benito Varela Jácome dictando sus clases al
mismo tiempo que corregía en la mesa las cuartillas de algún brillante ensayo
sobre literatura latinoamericana".<o:p></o:p>
Colaborou
con emisoras de radio, pronunciou centos de conferencias e escribiu moreas de
artigos no xornal La Noche. Nos anos sesenta deixa un gran número de
artigos nas páxinas do Faro de Vigo, algún memorable, como o dedicado ó
libro de Pérez Lugín e ó edificio que lle daba nome: La Casa de la Troya
(por certo, o máis veces publicado en castelán, logo da Biblia e do Quijote).
Nunca unha actividade tan "visible" conseguiu facer ó seu autor tan
"discreto".<o:p></o:p>
Froito
do seu labor docente e investigador en literatura hispanoamericana, escribiu
artigos, ensaios e libros, moitos deles considerados fundamentais para o estudo
por mestres e catedráticos que hoxe imparten análoga especialidade. Investigou
e analizou todos os xéneros: sobre o teatro de Juan Ruiz de Alarcón, sobre a
poesía de Gertrudis Gómez de Avellaneda, acerca da obra de Jorge Isaacs, do Aves
sin nido de Clorinda Matto de Turner ou do recoñecido José Martí. Obras
monográficas de obrigada referencia son: El cuento hispanoamericano
contemporáneo (1976), Estructuras novelísticas de Lezama Lima (1977),
Estructuras profundas en Pedro Páramo (1980), Evolución de la novela
hispanoamericana en el siglo XIX (1982), Función de los modelos
culturales en la novelística de Sábato (1983) e Tensiones españolas en
la "Consagración de la primavera" (1986).<o:p></o:p>
Publicou
ademais ducias de traballos sobre obras de consagrados autores, como Julio
Cortázar, Huidobro, Vallejo ou García Márquez, e non esqueceu Varela Jácome
prestar unha ampla atención á literatura galega, con estudos, publicacións e
edicións sobre obras e autores da importancia de Rosalía de Castro, Castelao e
Álvaro Cunqueiro, ou á española, centrándose, entre outros, en Espronceda,
Larra, Clarín, Galdós, Valera, Valle-Inclán ou Pío Baroja.<o:p></o:p>
A
crítica, a didáctica e a teoría literaria formaron parte do seu traballo
investigador e divulgador: Nuevas técnicas del análisis de textos (1981),
Análisis estructural de novela, poesía y teatro (1985) e Estructuras
novelísticas del siglo XIX (1973) son bos exemplos diso.<o:p></o:p>
Do
seu traballo, a profesora da Universidade de Sevilla Trinidad Barrera dicía non
hai moito que era "modélico en muchos sentidos". E apuntaba:
"Las líneas de preocupación de Benito Varela Jácome han sido muchas,
formado en la Literatura Española, con un conocimiento de la misma sólido y
crítico al mismo tiempo, supo mirar a la Literatura Hispanoamericana sin
complejos, sin considerarla una hija bastarda de la española –visión que
lamentablemente aún persiste en algunos sectores del mundo académico español– y
dado que lo hizo desde fecha muy temprana, me estoy refiriendo a los años de
formación de algunos de los que estamos aquí presentes, la mítica década de los
setenta, el influjo que tuvo su labor sobre nosotros es un hecho objetivo".<o:p></o:p>
Foi
tamén colaborador habitual do Centro Superior de Investigacións Científicas e
do prestixioso Instituto Padre Sarmiento, membro de numerosas institucións
académicas e culturais, e presidente honorario da Asociación Española de
Estudios Literarios Hispanoamericanos dende a súa fundación, en 1992. Logo da
xubilación, por razóns de idade, dedicoulles os seus últimos anos profesionais
á investigación e á escritura.<o:p></o:p>
Posuidor,
en vida, dunha impresionante biblioteca sobre novelística hispanoamericana,
ensaios, edicións críticas... esta foille cedida á Biblioteca Virtual Miguel de
Cervantes da Universidade de Alacante, para a súa dixitalización, difusión e
conservación. Disque foi un escritor de ficción e novela histórica
"frustrado", unha frustración libremente imposta: moito do escrito
foille lido ós seus alumnos, pero até aquí quixo que chegara o seu público,
dato que afonda nesa imaxe de galego "que nunca se mostraba
completamente".<o:p></o:p>
Morre
ós 91 anos de idade, un 22 de outubro de 2010, deixando viúva a María del
Carmen Tobío Fondevila. Tivo catro fillos que o fixeron avó. Centos de persoas,
maioritariamente homes e mulleres nos que deixou unha fonda pegada como mestre,
despedírono no cemiterio de Boisaca.<o:p></o:p>
P.D.: Lalín é terra
de ilustres intelectuais. Gran parte deles chegaron a coñecer o novo século,
case todos tiveron a Compostela como meta de peregrinación intelectual e vital,
e contribuíron, ségueno a facer, a unha Galicia mellor. Como reza o pouco
empregado himno de Lalín, "terra de bos e xenerosos".<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-76079917118482665842012-05-14T04:57:00.000-07:002012-07-12T05:05:17.745-07:00Lalín, berce de “doutores do espírito” (II)
Verbo dalgunha das
figuras relixiosas que ten dado esta terra, diciamos na entrega anterior deste Fillos ilustres que Lalín foi, e segue a
ser, un lugar especialmente fecundo en materia de relixiosos egrexios; unha
bisbarra que alumeou figuras senlleiras que sobresaíron tanto no plano
espiritual coma no científico e intelectual. Se abondosas foron as figuras dos
catro séculos percorridos, non o son menos as nacidas nos últimos cen anos.<o:p></o:p>
Frei José Higinio Gómez González (Lalín, 1932 - † Lugo, 2008), o frade que chegou a bispo
da súa diocese de nacemento, cargo que desempeñou entre 1980 e 2007. O padre
Gómez ou frei José, como lle adoitaban dicir, cursou estudos en Lalín e Cea, e máis
tarde cos franciscanos en Herbón e Ponteareas. Na súa orde ingresa en 1948.
Estuda Filosofía en Ponteareas e Teoloxía en Santiago, onde é ordenado
sacerdote en 1956. Un brillante expediente ábrelle as portas para estudar en
Roma, primeiro no Pontificio Ateneo Antonianum, onde se licencia en Teoloxía,
sección Moral, e en Dereito Canónigo, e logo na Pontificia Università
Lateranense, onde obtén a licenciatura en Dereito Romano, para despois
doutorarse en 1961.<o:p></o:p>
Como membro da orde
franciscana, é destinado como mestre a varios conventos. En Compostela imparte
docencia en diversos centros, entre eles, a escola de ATS da Facultade de
Medicina. Na provincia franciscana de Santiago desempeñou case todos os cargos
de responsabilidade e destacou como un excepcional comunicador, tanto na sede
relixiosa como a través dos medios de comunicación. Discípulo convencido do
mandato recibido polo decreto Inter mirifica,
que promovía o uso dos medios de difusión para a divulgación da mensaxe
relixiosa, afirmou que estaba "firmemente convencido de que tanto la radio como
otros medios de comunicación [...] –si se utilizan rectamente– proporcionan
valiosas ayudas al género humano, puesto que contribuyen eficazmente a
descansar y cultivar el espíritu y a propagar y fortalecer el Reino de Dios".
Sen dúbida ningunha, pasará á historia como o mellor comunicador que deu a Igrexa
en Galicia e o que máis fixo por que esta se abrise á comunicación social.<o:p></o:p>
Impulsado tamén
pola súa case febril actividade divulgativa, educativa e solidaria, no ano 1980
é nomeado bispo de Lugo. Neste posto destacou pola incorporación dos laicos á
tarefa evanxelizadora, pola dinamización social e cultural das parroquias e pola
recuperación de vocacións e do Seminario, así como polo pulo ó uso do galego na
celebración da eucaristía. Fomentou a incorporación de institutos relixiosos en
tarefas de axuda e apoio "civil", como ocorreu en 1989 coas Franciscanas del
Rebaño de María para a atención da residencia de anciáns de Lalín.<o:p></o:p>
Foi, co tempo, un
lucense máis. Da cidade das murallas dixo unha vez: "Lugo é unha cidade
fermosa, humana, entrañable. As súas xentes fanse admirar e déixanse querer.
Descubrir e amar máis este tesouro está sempre no meu ánimo. Esta é a miña
ilusión coma lucense. E cando deixe esta tan querida cidade, levarei sempre con
orgullo ser un lucense máis. E voltarei ou traeranme. A capeliña de san
Froilán, na Santa Igrexa Catedral, quero que sexa a meta da miña peregrinación
na terra".<o:p></o:p>
José García Oro. (Lalín, 1931). Este intelectual de grande altura, do que xa falaramos en
profundidade nun artigo anterior, cursa estudos nos seminarios franciscanos de
Herbón, Ponteareas e Santiago, e no ano 1949 ingresa na orde seráfica.
Trasládase logo a Roma, onde cursa estudos superiores de Teoloxía na Pontificia
Università Antonianum e Historia Eclesiástica na Gregoriana, pertencentes ós Xesuítas.
Retorna a Santiago de Compostela, onde realiza a titulación civil e as
correspondentes convalidacións académicas, e licénciase en Filosofía e Letras.
Dende 1983 até 2001, ano no que se xubila, exerce como catedrático de Paleografía
e Diplomática na USC.<o:p></o:p>
Escribiu máis de
medio cento de libros e colaborou en incontables traballos impresos máis,
moitos deles centrados na figura do cardeal Cisneros, na nobreza galega e naqueles
que divulgan Galicia na baixa Idade Media.<o:p></o:p>
Na actualidade
reside e traballa no convento de San Francisco, onde está ó cargo do arquivo
franciscano.<o:p></o:p>
Padre Odilo González González (Donramiro, 1941). Padre pasionista e "peregrino da
selva amazónica", coma él mesmo se define, é fillo de Claudio
o do Empalme, coñecido por ter sido subdirector da Banda de Música de Lalín e director
da Banda dos Veteranos, alá pola década dos setenta. En setembro do ano 1952 (data que coincide coas "súas"
Festas do Montserrat, ás que acode sempre que pode) deixa o seu Empalme de
Donramiro para marchar ó Mosteiro dos Picos, en Mondoñedo. Alí inicia os seus
estudos eclesiásticos, que remata en 1964 no País Vasco, onde ademais
profundiza nos estudos musicais (co tempo, e alén da tarefa pastoral e docente,
chegará a dirixir corais como a de Catoira).<o:p></o:p>
Con 70 anos ás súas
costas, leva 22 desenvolvendo a súa tarefa pastoral na selva peruana, no
Departamento de San Martín de Loreto, namorado das súas "xentes humildes e
sinxelas". Dende a cidade de Tarapoto atende 27 comunidades que integran preto
de 3.000 fieis, a maioría nenos e mozos.<o:p></o:p>
O padre Odilo é un
comunicador infatigable: autor de bolggs,
presenta espazos radiofónicos e colabora con publicacións relixiosas e sociais
do seu país de adopción. Non elude a crítica razoada cando é preciso. É o caso
da feita recentemente ó presidente Alan García, logo do anuncio deste de erixir
unha “monumental” cruz na honra do coñecido como Cristo do Pacífico. Daquela
afirmou: "Lo que me sorprende es que la ocurrencia de erigir este gran Cristo
haya surgido de un presidente cuyo Gobierno ha intentado juzgar, condenar y
expulsar del país (aunque sin éxito) a misioneros de la Amazonia peruana, que
vienen dando, desde hace décadas, lo mejor de sí mismos para implantar el reino
de justicia y paz proclamado por el Cristo del Pacífico [...]".<o:p></o:p>
O noso protagonista
profesa un fondo cariño á vila de Lalín, á lingua galega e, particularmente, á
súa parroquia de Donramiro. Cariño e afecto que non se resenten nin con algún plantón recibido das súas autoridades municipais,
como a frustrada axuda municipal para contribuír á construción dunha capela e dun
centro social na selva peruana.
Andrés Ramos Castro (Lalín, 1962). Sacerdote e profesor, cun master en Doutrina Social, é un
estudante permanente que, na actualidade, fai Xornalismo.<o:p></o:p>
Cursa os estudos de
primaria e o bacharelato na capital de Deza e coa maioría de idade trasládase a
Santiago para estudar Filosofía e Teoloxía. O tamén lalinense frei José Higinio
Gómez ordénao sacerdote en Lugo en 1987, ano no que comeza a súa carreira como
profesor e sacerdote no Seminario Maior. Tres anos despois, en 1990, trasládase
para exercer o sacerdocio en Navia de Suarna e de aí, a Madrid, cidade na que,
a partir de 1993, desenvolve unha grande actividade, especialmente entre a xuventude,
en varios colexios e parroquias, como coordinador da pastoral xuvenil da zona
norte de Madrid.<o:p></o:p>
Cos seus cincuenta
anos, din os que saben disto, ten por diante unha "carreira" que apunta altas
responsabilidades. Na actualidade exerce as súas funcións como
sacerdote, secretario particular do bispo auxiliar Fidel Herráez e notario eclesiástico,
ademais de ter a honra, segundo el mesmo di, de ser o capelán das Asociacións
galegas en Madrid. Galego e lalinense dos pés á cabeza torna á terra sempre que
pode e, mentres, cura a morriña entre paisanos na capital. <o:p></o:p>
P.D.: Tiven a honra, na miña curta época de seminarista
en Lugo, de coñecer un home (aínda non cumprira os dous anos de bispado
lucense) que me impresionou: ós meus ollos nenos era un home normal (ós meus
quince anos supuña que un bispo era algo irreal): bo, de verbo fácil, accesible
a todos, comunicador infatigable e galego de fondas raíces. Home sinxelo,
orgulloso das súas orixes lalinenses, excelente conversador, galego con maiúsculas...
Alí espertou a miña afección pola radio, alí coñecín "de pasada" aquel señor de
Lalín, coma min, que era un simple frade que chegou a bispo de Lugo. De frei
José Gómez queda moito por coñecer e divulgar na súa vila de nacemento. Recibiu
case todos os honores municipais posibles na súa vila de adopción, Lugo; aínda
hoxe está presente na vida de moitos dos seus habitantes e é motivo de estudo e
lembranza, os mesmos que lle faltan en Lalín... como ós demais protagonistas
desta serie de "ilustres con sotana", a excepción de Ramón Aller, de
quen está todo ou case todo escrito, agás no tocante ó seu labor relixioso.<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-81746142936159946892012-05-14T04:54:00.001-07:002012-07-12T05:05:24.735-07:00Lalín, berce de “doutores do espírito” (I)
É Lalín terra de
ilustres homes de relixión, moitos deles intelectuais de grande altura que
teñen contribuído á mellora social e cultural desta terra. Paradoxalmente, hai
quen pasou á historia pola súa faceta intelectual ou profesional, polas súas
obras civís, pola súa achega ó desenvolvemento das ciencias e até das artes...
máis que polo seu labor pastoral. Moitos dos que hoxe citamos mereceron xa
reportaxes específicas sobre a súa vida e obra (foi o caso do padre Oro e, en
vindeiras semanas, será o de Ramón Aller, entre outros). Desta volta, e
aproveitando a Semana Santa que hoxe raia o seu fin, achegamos as figuras máis
senlleiras da relixiosidade lalinense. <o:p></o:p>
Felipe Antonio Gil Taboada (Bergazos, 1668 - † Sevilla, 1722). Fillo dos señores de
Bergazos, logo de formarse cos xesuítas en Compostela, estudou Leis e Canons na
Universidade de Santiago, da que logo sería catedrático.<o:p></o:p>
Desenvolveu altos e
importantes cargos civís e relixiosos ó longo da súa vida. Da man do inquisidor
xeral Diego Sarmiento Valladares consegue a praza de fiscal da Inquisición en
Canarias, posto que non chega a ocupar ó ser nomeado vicario eclesiástico de
Madrid; despois foi presidente da Real Chancillería de Valladolid e comisario
xeral da Santa Cruzada. Baixo o reinado de Felipe V foi ministro para os
asuntos eclesiásticos e presidente do Consejo de Castilla. Logo da súa designación,
en 1715, como bispo de Osma, en 1719 é nomeado arcebispo de Sevilla, cidade na
que falece en 1722, sendo considerado unha das máis preclaras personalidades que
deron as terras lalinenses.<o:p></o:p>
A súa figura está
fondamente unida á devoción pola Virxe do Rocío, da que se conserva un gravado
na que o arcebispo Gil Taboada garante "40 días de yndulgencia a quien rezare
vna salve delante de la milagrosa ymagen de Nuestra Señora del Rocío".<o:p></o:p>
Nas súas últimas
vontades dispuxo a reedificación da igrexa de Donsión, de estilo barroco, na
que se atopan as sepulturas dos seus pais.<o:p></o:p>
Cayetano Gil Taboada (Barcia, 1688 - † 1751).
Arcebispo de Santiago de Compostela e, antes, bispo de Lugo, estudou Filosofía
en San Xerome e Xurisprudencia en Fonseca e Valladolid. Rematados os estudos,
chegaría a reitor en 1713, só catro anos despois de doutorarse. Afillado de
Felipe Antonio Gil Taboada, foi este un sólido apoio na súa carreira relixiosa.<o:p></o:p>
Pertencentes ámbolos dous á poderosa familia dos Gil Taboada, en 1718 o seu
tío noméao provisor e gobernador eclesiástico e no 1725, canónigo e inquisidor
de Sevilla, función que máis tarde desenvolverá en Compostela, onde desempeñou
ademais o cargo de administrador do Real Hospital.<o:p></o:p>
En 1735 é nomeado bispo de Lugo,
onde realizou grandes obras, como a do edificio do bispado, que exhibe os seus
escudos en fachada e patio. En 1745 é presentado como arcebispo de Santiago,
coincidindo o seu mandato coa construción da fachada do Obradoiro, na que se
aprecia o seu escudo.<o:p></o:p>
Juan Roque Gil Arias y Somoza (Palio, 1693 - †?). Fillo do escribán Fernando Gil,
cursou estudos eclesiásticos. Con 22 años é nomeado presbítero e axudante do arcediago
de Deza. Pasou a ser secretario do bispado de Lugo en 1734, cargo que conciliou
co de arcediago de Deza até 1750.<o:p></o:p>
Nos seus labores de
inspección, propios do papel que desempeñaba en Lugo, contribúe a melloras
importantes nalgúns dos centros de culto da comarca de Deza; mostra diso é o
escrito que redacta logo dunha visita á igrexa de Moneixas, o 13 de xullo de
1730, no que informaba: "y respecto no tiene sachristia acosta de dhos alcances
la mande hazer en la parte mas comoda q le pareciere y surta cha. Iglesia de lo
mas necessario a su culto y dezencia". Exerceu parte do seu labor sendo bispo
Cayetano Gil Taboada.<o:p></o:p>
José María López Castro (Noceda, 1870 - † 1955). En diversos escritos cítaselle
como veciño de Santa María de Barcia e presbítero. Cursou estudos eclesiásticos,
licenciouse en Sagrada Teoloxía e ordenouse sacerdote en 1895. A súa carreira
eclesiástica comeza deseguida, pois con 26 años xa ocupa o cargo de arcipreste
de San Salvador de Dozón. En 1915 pasa a ser párroco de Lalín e, en 1942, arcipreste
de Deza e consultor até o seu pasamento. Durante o seu período no cargo
inaugurouse a actual igrexa parroquial de Lalín e outras obras, como o cemiterio
(antigo). Foi, ademais, tesoureiro da Comisión promonumento a Loriga.<o:p></o:p>
Ramón María Aller Ulloa (Donramiro, 1878 - † Lalín, 1966). Comenza os seus
estudos en Lalín e cursa o bacharelato na Guarda cos xesuítas, que espertan a
súa triple faciana intelectual: relixiosa, matemática e astronómica. Alá coñece
o padre Merino, que tiña construído no centro escolar un observatorio meteorolóxico
de gran nivel para a época. Cando remata os estudos, no 1894, a semente
científica xa estaba instalada nel.<o:p></o:p>
Nos seminarios de
Lugo (onde se ordenará sacerdote en 1900) e Santiago cursa a carreira
sacerdotal, que remata dous anos antes do habitual, con só vinte anos, razón
pola que se fai precisa unha dispensa. Xa doutor en Sagrada Teoloxía, nesta
época a súa avoa Camila agasállao cun anteollo de 67 milímetros. Desprázase entón
a Oviedo para estudar Ciencias Exactas e un ano despois de principiar esta
carreira traslada a súa matrícula a Madrid, cidade na que a remata en 1904.<o:p></o:p>
O teodólito T&S
súmase ó anteollo e con estes dous instrumentos torna á casa familiar, onde
sistematiza o seu traballo de astrónomo que dá lugar á súa primeira publicación
froito das observacións do cometa Johannesburgo en 1911. Por esas datas xa tiña
feito numerosos seguimentos e anotacións de relevancia: o tránsito de Mercurio
perante o Sol (1907), o eclipse de 1905, os pasos de estrelas... Son anos nos que
se traslada periodicamente a Castro Urdiales para facer uso dos excepcionais
instrumentos con que estaba dotado o observatorio desa vila. Como matemático
publicou importantes traballos, como Algorítmia,
principios fundamentales de la ciencia de los números (1918) ou o texto
completo Astronomía.<o:p></o:p>
En 1917 constrúe no
xardín da súa casa dúas casetas nas que instala os dous equipos de observación
dos que dispón e desenvolve ducias de traballos sobre astronomía e matemáticas,
publicados polas revistas máis reputadas do momento. É o caso da Revista de la Sociedad Astronómica de España
e América, Ibérica, a Revista Matemática Hispanoamericana, a
alemá Astronomische Nachrichten, a
francesa L'Astronomie...<o:p></o:p>
Os seus parentes
están detrás do financiamento das súas "necesidades técnicas". A morte de
Saturnino Aller e o usufruto da súa herdanza permítenlle, xunto a novas axudas de María Lajosa, mellorar os seus medios. Chega así
o refractor Steinheil de 120 milímetros e a modificación do observatorio, ó que
se lle engade unha cúpula. Son os anos do descubrimento e das medidas de
estrelas dobres (especialidade na que máis salientou), o exame de superficies
planetarias e as observacións ocasionais froito das horas que botou sentando
diante dos aparellos: eclipses, tránsitos, ocultacións, choivas de meteoros,
auroras e cometas. En 1933 describe a choiva de estrelas fugaces Dracónidas e na
mesma época deseña un astrógrafo para a empresa Zeiss co carimbo "Observatorio
Astronómico de Lalín".<o:p></o:p>
Ó remate da Guerra
Civil incorpórase, en 1940, á Universidade de Santiago como mestre de Xeometría
Analítica e Análise Matemática e tres anos despois inaugúrase o observatorio do
campus, ó que se trasladou o refractor, o teodólito e boa parte da súa
biblioteca dende Lalín. Doutórase en 1943, con 65 anos.<o:p></o:p>
Na súa biografía
pública e publicada transcende pouco da súa espiritualidade e das súas tarefas
e relación coas institucións relixiosas. De feito, ó rematar os estudos
sacerdotais o padre Aller manifestara a súa vontade de non desempeñar cargos
relixiosos nin percibir retribucións polas actividades que, neste eido, puidera
desenvolver. No seu haber están 75 publicacións, 4 libros e 5 teses dirixidas...
e, como non, as 4 estrelas descubertas e debidamente documentadas.<o:p></o:p>
P.D.: A publicación desta miniserie (á que daremos
continuidade na seguinte entrega) dos nosos "ilustres con sotana" evidencia a
escasa altura de miras dalgúns que, apreciando e recoñecendo con todo o
merecemento a uns, gardan no caixón do esquecemento outras figuras que marcaron
unha época.<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-2455402167328281432012-05-11T10:21:00.000-07:002014-12-17T10:02:00.571-08:00CESAR ORO GARCÍA
César Oro García foi
o profesor de vocación tardía que lles aprendeu a falar galego (e castelán, e
portugués...) a centos de mozos de raza negra americanos (afroamericanos,
disque é a fórmula politicamente correcta) e a outros tantos mestizos, mulatos
e a algún branco de procedencia hispana, nomeadamente caribeña. Dunha simple
ollada, resultaba difícil entender o seu engado para o sexo feminino... mais cando
se tiña ocasión de escoitalo, no momento en que facía uso da palabra cunha
cadencia propia do catedrático experimentado que era, canto máis baixa a voz
máis atención obtén do seu auditorio, o éxito era plausible.
<o:p></o:p>
Viviu os últimos anos alleo ó mundo por mor dun alzheimer que lle roubou a memoria, que lle invadiu
un cerebro até hai poucos anos privilexiado e do que tiveron a oportunidade de gozar,
durante varias décadas, na Universidade de Howard (que non Harvard, como adoita
lerse en moitos perfís biográficos).<o:p></o:p>
Naceu e morreu o mesmo día, un 16 de marzo, con 85 anos de diferencia (1928 - 2013) . Nace coa primavera na hoxe abandonada casa do Luís, na parroquia lalinense da Veiga, no seo dunha
numerosa familia. Sendo aínda un rapaz deixa a aldea para comezar un longo periplo
que lle permite formarse persoal e intelectualmente: pasantía en Monterroso,
logo a Mondoñedo cos padres pasionistas, cos que completa a súa formación no
País Vasco e, finalmente, en Melide. Unha peregrinaxe de máis de dez anos que semella
non satisfacelo en demasía, sobre todo o período de estancia en terras vascas.
A piques de rematar a carreira eclesiástica renuncia á sotana, á gola e ás parroquias
e cumpre o servizo militar na Coruña. No ano 56 apadriña o seu curmán, o padre
Oro, na súa ordenación sacerdotal e agasállao coas Obras completas de Rosalía de Castro.<o:p></o:p>
Aproveita a súa estadía
na cidade herculina para sacarse a titulación de Náutica. Logo de varios
intentos por embarcar cun posto axeitado á súa cualificación profesional sen conseguilo,
e debido á falla de perspectivas de futuro, decide marchar coa súa irmá
Domitila á "nova Cuba", á que chega ó mesmo tempo que alí triúnfa a Revolución.
Oro traballa e, ademais, estuda na Universidade de La Habana. Simpatiza abertamente
coa incipiente Revolución e co seu líder, Fidel Castro; simpatiza tanto como a
despreza xa ós poucos meses, tras ver en que se vai convertendo o réxime.
Decepcionado, emprende o camiño cara ós Estados Unidos. Miami era o punto máis
próximo e alí chega cunha man diante e outra detrás ó inicio dos anos 60 e xa
camiño de cumprir os 40 anos. Traballa no que vai xurdindo, entre outras cousas,
de taxista, pero non deixa de avanzar nos seus estudos, desta volta na Florida
Atlantic University. Ó comezo da década dos setenta xa tiña rematados varios
traballos de investigación, entre eles The
Regulation of Spanish Irregular Verbs, publicado pola Florida A. U., Boca
Ratón, 1970. Os contactos e recomendacións polo seu labor permítenlle ir
conseguindo bolsas de estudos e, finalmente, marchar á Maryland University, unha
das máis representativas do sector das universidades públicas dos Estados
Unidos. Seica namorou definitivamente destas terras e niso influíron os seus
territorios verdes e as vacas leiteiras, tan abundantes neste estado do noreste
americano. É aquí onde, con 50 anos, remata a súa tese de doutoramento no ano
74, o que lle abre as portas da veciña Universidade de Howard, onde ingresa
como docente e xa non abandonará até a súa xubilación salvo para dar conferencias
e colaborar noutros centros.<o:p></o:p>
Á Howard University
coñéceselle como a Harvard negra, por ocupar os afroamericanos boa parte das cadeiras
das distintas facultades e por ser na que máis mozos desta raza se gradúan nos
Estados Unidos. Fundada en 1867, atópase en Washington D.C. e debe o seu nome ó
ilustre xeneral Oliver Howard, que participou na súa creación e foi considerado
como o gran artífice da integración na vida civil dos negros libertos logo da guerra civil, na que loitou contra a
escravitude.<o:p></o:p>
Na Howard
University atópase o College of Arts and Sciences, unha das primeiras
facultades coas que contou a institución e cuxos corredores, aulas e
laboratorios viron pasar durante anos o abondoso bigote do profesor Oro García
e as súas eternas lentes, que ían escurecendo conforme a intensidade da luz medraba.
Na e para a centenaria institución compatibilizou as súas tarefas como profesor
e como investigador do Departamento de Linguas Romances. Longos anos de esforzo
convérteno nun dos máis importantes especialistas nos campos da literatura
medieval española e galego-portuguesa, así como toda unha eminencia en
lingüística.<o:p></o:p>
Sobre estes temas publicou
distintos traballos que tiveron gran repercusión nos ámbitos académicos de Galicia
e Portugal: o xa citado The Regulation of Spanish Irregular Verb, La perífrasis verbal gallega, El romero
engañado: una aproximación sintáctica, Fluctuaciones
de los verbos gallegos en "-ar" al comienzo de los lexemas, Las formas del verbo galaico-portugués seer según los textos; siglos XII y XIII, En torno a una polémica: la normalización del gallego, Algunas consideraciones sobre las
desinencias -an, -ano, -ao, en gallego actual e Fluctuaciones morfológicas en el gallego: verbos en "er".
Foi membro de varias sociedades e colectivos profesionais e docentes, entre
eles, a Sociedade Nacional Hispánica e The American Association of Teachers of
Spanish and Portuguese (AATSP).<o:p></o:p>
As súas viaxes a Galicia cóntanse por ducias co gallo
de conferencias en Compostela e colaboracións coa Facultade de Filoloxía da USC
(participou, entre outros, no Congreso Internacional sobre Rosalía celebrado en
1985 e no II Congreso de Estudos Galegos, que tivo lugar na Brown University en
1988). E moitas, moitas visitas a Lalín: á Veiga (onde tentou quedar coa casa
na que nacera para rehabilitala), á súa afillada Hermelinda (á que seguía
recoñecendo cando a enfermidade lle fixo esquecer outras cousas), ó piso que
mercou e nunca estreou ou á casa do xastre de Donramiro (onde tiven, en
repetidas ocasións, a honra e pracer da súa conversa ou de velo gozar dos
tomates mollados en sal acabados de arrincar da rama).<o:p></o:p>
Remata a década dos
noventa...Pouco tempo atrás mercara un piso na rúa do Arenal para retornar a súa terra ó rematar o traballo, pero a enfermidade do esquecemento comeza a facerse visible na súa
faciana. En 1998 deixa de pertencer á importante The American Association of
Teachers of Spanish and Portuguese e a súa semente intelectual, en forma de
alumnos, permite un relevo xeracional na universidade. Vén por última vez a
Lalín en xullo de 2002, xa con mostras evidentes da doenza. Deixara resolta a
súa atención persoal e médica, mais todo torna borroso, como o seu cerebro.<o:p></o:p>
Pasou os útimos anos mentalmente
anulado e fisicamente asistido por catro coidadoras no seu apartamento de
Washington. O seu cerebro e o seu verbo seducían, convencían, ilustraban... Órgano
e sentido, perdidos xa para sempre. Na súa última visita a Lalín díxolle á súa
afillada Hermelinda, cando atopou a súa casa logo de terse perdido e ó bromear ela se aínda a entendía: "voume esquecendo de todo...
pero o último do que me vou esquecer é do galego".<o:p></o:p>
P.D.: Quen isto escribe ten coñecemento de que,
entre as súas últimas vontades está a doazón da súa biblioteca e dos seus
traballos á terra na que naceu e amou (previsiblemente a través da
Facultade de Filoloxía de Santiago). Sería un bo momento para que o Concello
que o viu nacer abrira, en colaboración coa USC e os seus "albaceas", un camiño para a recuperación
desta figura e do seu traballo. Os seus apoderados e albaceas exercen aínda na universidade na que
impartiron docencia con el. A súa intención era retornar a Galicia a “facerse vello”.
Incumprida esta, sería importante que, logo das cinzas, puidese regresar o
que del queda para sempre: a súa obra.<o:p></o:p>
NOTA: Cesar Oro faleceu un ano despois de escribirse este artigo, ver obituario en http://ilustreslalinenses.blogspot.com.es/2013/05/morte-dun-dos-ultimos-fillos-ilustres.html
® Benito García / Faro
de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado,
supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-36630954088692104522012-05-11T10:14:00.001-07:002012-07-12T03:59:53.132-07:00JOSÉ GARCÍA ORO
José García Oro, o Padre
ou o Profesor Oro como é máis coñecido este historiador e sacerdote franciscano,
vive na actualidade felizmente retirado –o de retirado é un xeito de falar– dunha
intensa vida académica e literaria no convento compostelán de San Francisco.
Pasará á historia do país por saber dela, da Historia, tanto como os que máis –polo
menos da medieval, dos Irmandiños, do cardeal Cisneros,
da España do Renacemento...– por tela investigado até o esgotamento, explicado
na súa cátedra e divulgado en centos de publicacións e outras tantas
conferencias.<o:p></o:p>
Os vellos de San
Miguel de Goiás aínda recordan ben a súa afección pola lectura e o estudo, que
o levarían a obter en Roma e Compostela tres carreiras cos seus doutoramentos.
Nace un 5 de setembro no seo dunha familia labrega e moi cedo encamiña os seus
pasos cara ó estudo e á relixión. Cursa nos seminarios franciscanos de Herbón,
Ponteareas e Santiago. O 12 de agosto de 1949 ingresa definitivamente na orde franciscana.
Trasládase logo a Roma, onde cursa estudos superiores de Teoloxía na Pontificia
Università Antonianum e Historia Eclesiástica na Gregoriana, pertencentes ós Xesuítas.
Seis anos foron os que viviu no Vaticano, un tempo que non lle valeu só para
sacar adiante as dúas titulacións; foi quen de pasar os ratos libres nos arquivos vaticanos, investigando e acrecentando a súa
paixón pola análise de fitos e personaxes históricos, así como polo estudo
crítico e científico de documentos, o que lle forneceu das primeiras
experiencias para logo aprender ós seus alumnos na Facultade de Historia da USC
a analizar e a estudar documentos. Desa data é a súa tese sobre Alexandre VI e
a Igrexa, e a documentación dos outros moitos persoeiros sobre os que máis
tarde traballaría, xa de volta en Galicia.<o:p></o:p>
Retorna a Santiago
de Compostela, onde realiza a titulación civil e as correspondentes
convalidacións académicas, e licénciase en Filosofía e Letras. Suma así ó seu proceso
formativo tres doutoramentos. É o intre no que a vocación do aínda mozo Padre
Oro chama ás portas da Universidade, á que lle dedicou 45 anos dunha intensa vida:
axudante de profesor, profesor, opositor á praza e, finalmente, catedrático dende
1983 até 2001, ano no que se xubila.<o:p></o:p>
Como catedrático de
Paleografía e Diplomática da USC, formou a centos de futuros historiadores, convertendo
en accesible unha materia farragosa
en principio. Por Paleografía enténdese a ciencia historiográfica que ten por
obxecto de estudo a escrita en xeral e, en particular, a evolución no tempo das
formas gráficas e o seu modo de execución, así como factores tecnolóxicos,
económicos, sociais, culturais, políticos, estéticos, etc. Pola súa banda, a
Diplomática é a ciencia que estuda a tradición, a forma e a elaboración dos
documentos. En síntese, e a risco de simplificar, a especialidade permite
descifrar e datar no tempo e na contorna un documento, xulgar a súa veracidade
e extraer os contidos susceptibles de ser empregados polo historiador.<o:p></o:p>
Durante estes anos
escribiu máis de medio cento de libros e colaborou en incontables traballos
impresos máis. Edita os seus primeiros traballos na revista estudiantil Liceo Franciscano, ós que sucede unha
longa lista de libros –setenta e cinco–, colaboracións, artigos... Séntese
especialmente orgulloso dos seus traballos sobre o cardeal Cisneros, sobre a
nobreza galega e sobre aqueles que divulgan Galicia na baixa Idade Media.<o:p></o:p>
Algunhas das investigacións
do Profesor Oro forman parte das lecturas obrigadas: La provincia
franciscana de Santiago y la Inmaculada (1954), La reforma de
los religiosos españoles en tiempos de los Reyes Católicos (1969), Cisneros
y la reforma del clero español (1971), Diego de Muros III y la cultura
gallega del siglo XV (1976), Galicia en los siglos XIV y XV (1987), ),
Don Fernando de Andrade, Conde de Vilalba
(1993), Historia da Igrexa galega (1994), Bayona y el espacio urbano
tudense en el siglo XVI: estudio histórico y colección diplomática (1995), Felipe
II y el Patronato Real en Castilla (2000), Cisneros, el cardenal de
España (2002)...<o:p></o:p>
Agora, retirado das
súas obrigas docentes, reside e traballa no convento de San Francisco onde,
ademais de oficiar a misa diaria, está ó cargo do importante e espectacular
arquivo franciscano, que reúne auténticas xoias dende tempos medievais. Este profesor,
retirado só das tarefas oficiais, sobreleva con gallardía as oitenta primaveras
cun estado de saúde máis que aceptable e cunha cabeza nun envexable estado de
lucidez e capacidade. Fai real a expresión de que "a función fai o órgano", como
dicía Lamark, o primeiro formulador dunha teoría evolucionista.<o:p></o:p>
Co gallo da súa
xubilación académica na USC, no libro homenaxe que se publicou dicíase que este
era un recoñecemento "a su estilo humano y profesional y satisfecha –a
Universidade– de su colaboración en la docencia y en la investigación". "Más
que por nuestras palabras lo alaban sus obras...", sentenciaba.<o:p></o:p>
Este erudito
lalinense garda un cariño e amor pola que chama a "pequena cidade de Lalín",
que visita con certa frecuencia para ver a familia e asistir ás "festas da
parroquia". Nunca dixo non ás peticións de colaboración profesional que se lle
teñen dirixido dende a súa terra.<o:p></o:p>
José García Oro, o
Padre, o Profesor... conserva, como os bos perfumes (gardado en bote pequeno), todas
as esencias da calidade e do coñecemento. Estamos ante unha das figuras nacida
en Lalín de maior talla intelectual da nosa historia. Recíbenos o día en que
arranca a primavera en Compostela e guíanos polos claustros e dependencias do
espectacular, e agora tamén Hotel / Monumento, Convento de San Francisco.
Museo, salóns, arquivo e claustro vanse sucedendo da man do noso anfitrión, que
fai doada a comprensión dos centos de anos de historia que agocha tan singular
edificio. Co seu falar pousado, sempre en galego, axuda e anima a seguir
descubrindo. Se as clases na facultade de Historia as impartía como as
explicacións dadas –e seguro que así era–, non dubidamos un ápice da perfecta
comprensión por parte dos centos de mozos que pasaron polas súas aulas.<o:p></o:p>
Na súa ollada sosegada
acende un brillo, remarcado por un aceno de tristura, cada vez que lle lembramos
o parente ben querido ó que lle ten "perdido a pista e o contacto": o tamén
lalinense e catedrático César Oro García (a quen dedicaremos o noso Sen acuse de recibo da vindeira semana).
O alzheimer afastouno do mundo, da súa profesión e até dos que lle queren ben,
como este ilustre lalinense, home bo e xeneroso, José García Oro.<o:p></o:p>
P.D.: O seu arquivo persoal, de incalculable valor
histórico, repousa agora no seu amado convento de San Francisco. Non estaría de
máis que o seu Concello non deixase pasar a oportunidade de conservar na terra
que o viu nacer un patrimonio documental dificilmente repetible ou comparable.<o:p></o:p>
Home elegante, no fondo e na forma, considérase honrado e
recoñecido. Opinión que, quen isto asina, non comparte, porque a realidade é a
que é, ou a que os responsables municipais queren: unha rúa dunha urbanización case
que virtual e non facer nada por evitar o descoñecemento da súa vida e obra na súa
propia vila.<o:p></o:p>
® Benito García / Faro
de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado,
supedidato á cita da súa fonte orixinal
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-72162266823624610612012-05-11T10:09:00.002-07:002012-07-12T03:50:23.880-07:00ILUSTRE EN FEMININO
O Dicionario da RAE fixa ilustre como o adxectivo que outorga distinguida
prosapia (ascendencia), pero tamén define a persoa insigne, célebre... cuxa
vida e obra transcenden o momento que lle toca vivir. Nesta segunda entrega
desta serie de Fillos Ilustres non podemos por menos que invocar o artigo
feminino e non dar por bo o que a Historia nos parece querer contar (ou non
contar) de a quen facemos merecedores de tales adxectivos. Unha sociedade
machista durante séculos trouxo como consecuencia a ausencia de proxección das
mulleres lalinenses na súa Historia. Se é certa a frase de que detrás de todo
gran home sempre hai unha gran muller (algún di que o que hai é unha muller
sorprendida), esta non debe servir como argumento para que non nos decatemos de
que detrás dunha gran muller está ela mesma, e só o tempo que lle tocou vivir
evitou, en moitos casos, o seu desenvolvemento persoal, profesional ou
intelectual.<o:p></o:p>
Dende a educación até a empresa, pasando polas artes, os movementos
asociativos ou a política, Lalín foi, é, terreo fértil para non poucas féminas que merecen, como o que máis, un
lugar entre os que o seu exemplo profesional ou persoal os sitúa como referente
social desta terra.<o:p></o:p>
Moitas teñen sido xa as mestras que deixaron a súa pegada intelectual nos e
nas lalinenses de onte e hoxe, todas merecedoras dun recordo por un traballo e
unha vocación. Unha figura podería "encarnar" a importancia deste colectivo: Maruja Gutiérrez, educadora e
empresaria en tempos en que no primeiro campo se lle consentía e no segundo nin se lle
esperaba.<o:p></o:p>
Nacida en Lalín, un dezaseis de xuño de 1908, formouse en terras
pontevedresas nas Doroteas e na "escola normal". Titulada en Maxisterio cando o
reinado de Alfonso XIII tocaba a súa fin, desempeñou a súa tarefa en destinos
da provincia de Ourense e nas "clases privadas", polas que teñen pasado centos
de rapaces. A súa vocación docente, aderezada cun grande espírito emprendedor,
levouna a fundar con Ramón Aller, no 39, o Colexio do Sagrado Corazón no "Hospitalillo" –o actual Instituto Laxeiro de Lalín–, cuxas pedras foron muda
testemuña doutros vinte e cinco anos de formación de centos de veciños de toda
a comarca, sementando neles un futuro ilustrado e, en moitas ocasións, unha
profesión que moitos nin albiscaban na súa infancia.<o:p></o:p>
Dela fica unha lembranza de persoa solidaria, cunha gran capacidade de
sacrificio e traballo, de vocación incansable e sensible coas necesidades de formación
da súa veciñanza. Morre en 2003 deixando unha fonda pegada.<o:p></o:p>
No campo, a muller foi a mantedora dunha gran parte das explotacións
gandeiras de Deza, cando os pais, os maridos e os fillos "desertaron do arado" para traballar na construción ou nas empresas de servizos das vilas e, en non
poucos casos, emigrar por un tempo deixando terras, gando e até fillos a cargo
de esposas e nais. Moitas, convertidas á forza en pequenas empresarias, tiveron
ademais activa participación en procesos cooperativos. Anónimas nun sector
anónimo e nunca recoñecido.<o:p></o:p>
Na gastronomía, a capital de Deza ten unha materia pendente de
recoñecemento en dúas mulleres, nai e filla, Amelia Vilar e Teresa, durante décadas á fronte de Casa Abeledo. Foi este o templo do
cocido até que moitos restaurantes e casas de comidas "subiron" a un carro que
para os de fóra tivo, durante moitos anos, neste establecemento a súa
referencia. Casa Abeledo, na época da
case centenaria Amelia, foi parada e fonda de arrieiros que percorrían o camiño
entre Ourense e Compostela. Eran os tempos, entre outros, do "estraperlo", que
serviu para longas sobremesas na cociña na que moitos comensais recibiron
auténticas leccións da boca da matriarca familiar, hoxe recordada como a súa
filla, que, agora na intimidade familiar, segue "bordando" este singular prato
digan o que digan as "receitas oficiais".<o:p></o:p>
En contra do que puidera parecer, e a pesar da citada falla de proxección
da muller en épocas pretéritas, ningún ámbito se pechou nin se pecha por completo
a estas. Tampouco a pintura e as demais artes. Algún exemplo queda representado
por Mª do Carmen Calviño Iglesias, pintora nacida na Xesta no 1938, de familia
de mestres e afincada dende nova na Coruña, onde desenvolve os seus estudos
artísticos e realiza boa parte do seu traballo pictórico.<o:p></o:p>
Luz Pichel González naceu en Anseán un 10 de xuño de 1947.
Logo de estudar Filoloxía en Compostela, a partires de 1970 esta poeta galega
fixa a súa vida en Madrid, onde exerce como catedrática de Lingua e Literatura
nun Instituto de Alcobendas. A súa obra –El
pájaro Mudo, La Marca de los Potros,
Casa Pechada...– foi colleitando sucesivos
premios de recoñecido prestixio literario: o Esquío de Poesía no 2006, o Ciudad de
Santa Cruz en 1990 e o Juan Ramón Jiménez en 2004.<o:p></o:p>
O binomio muller e letras, en Lalín, non ha ser un acontecemento pasaxeiro.
Novas xeracións, como a de Alba Payo
Froiz, veñen "xuntando palabras" con notable éxito e calidade.<o:p></o:p>
A fame ou a falta de expectativas empurrou a moitos galegos que, como os
irlandeses, non tendo máis terra polo oeste, fixeron, mar por medio, das Américas
a patria de acollida. Foi o caso de dúas
case descoñecidas: Manuela Vázquez López
e María Saladina Failde Rodríguez,
naturais de Lalín, traballadoras incansables no seo da Sociedade Hijos del
Partido Judicial de Lalín en La Habana (entidade fundada por Cándido Lamas e
José Fraiz Andón como presidente e secretario). Ámbalas dúas traballaron arreo
pola difusión da cultura e pola recuperación das tradicións galegas entre a
colectividade residente en Cuba no pasado século. Na actualidade, poucos
lalinense de primeira xeración quedan neste colectivo que segue mantendo o nome
de Lalín na "illa bonita". Actualmente, outra muller xa nacida alí preside o
colectivo: Icelda Tamayo.<o:p></o:p>
A política democrática deixa un nome escrito nas hemerotecas do Parlamento
Español, Lucita Villar Jar. Primeira
e única muller que representou a comarca como Deputada en Cortes, foi vogal da
Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, vogal da Comisión
Mixta de Relacións co Defensor del Pueblo e vogal da Comisión Mixta dos
Dereitos da Muller. Máis aló de filias e fobias, ten un sitio na Historia pola
exclusividade e relevancia das funcións desempeñadas. Naceu un 5 de setembro de
1941 en Lodeiro e foi concelleira de Lalín e deputada do Grupo Popular na sexta
e sétima lexislatura, até o 20 de xaneiro de 2004. Villar Jar foi e segue a ser
unha convencida promotora do movemento asociativo feminino en Galicia,
especialmente no relativo ó rural.<o:p></o:p>
Hoxe as mulleres seguen a empurrar social e economicamente
estas terras do interior. A universidade está –leva así xa algunhas décadas– chea
de futuras catedráticas, investigadoras, escritoras e empresarias que
inscribirán sen complexos o seu nome entre os fillos e fillas ilustres do Lalín
do século XXI.<o:p></o:p>
Un dito recorda que "non están todas as que son"...
pero con seguridade "son todas as que están" e moitas outras fillas da bisbarra,
ilustres todas elas nunha sociedade matriarcal e, a pesares diso, machista e
pouco igualitaria.<o:p></o:p>
P.D.:
A presenza da muller na política lalinense segue a ser materia pendente,
relegándoa a un segundo plano en funcións de apoio e xestión, materia á que
pouco contribúen os actuais gobernantes, cun sistema político que –nomeadamente
no plano municipal– pecha as portas a moitas ilustres, e porén descoñecidas, veciñas
sobradamente preparadas. No que se refire á igualdade de oportunidades, non
chega con falar, por moi multitudinario que sexa o acto no que se fai.<o:p></o:p>
® Benito García / Faro
de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado,
supedidato á cita da súa fonte orixinal<o:p></o:p>
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-77940481958299726552012-05-07T07:49:00.000-07:002012-10-22T23:04:28.031-07:00FRANCISCO GIL DE TABOADA
Francisco Gil de
Taboada Lemos y Villamarín pasa á historia militar española como Francisco Gil
de Lemos ou Francisco Gil de Lemus. Con ámbolos dous nomes (e ocasionalmente co frei, pola súa pertenza a unha orde relixiosa na súa xuventude, por diante) aparecen
narradas as súas xestas e honras nos arquivos militares da Armada e nos seus
nomeamentos oficiais da época; el mesmo asina con ámbalas dúas formas nos
escritos de intercesión polo tenente xeneral José de Córdoba ante o Rei, por
quen intercede o 23/12/1805 e o 6/1/1806 para repoñer a súa honra, categoría
militar e emolumentos. Orixinario do Pazo de Des, en Soutolongo (1733), logo
dunha intensa carreira militar con ducias de cargos, batallas e viaxes de exploración
no Mediterráneo e nas Américas, foi nomeado vicerrei de Nova Granada e logo do
Perú e ocupou case todos os cargos de relevancia na Mariña de Guerra da época,
na que ingresou en 1752.<o:p></o:p>
A súa carreira
militar comeza con só 16 anos, cando ingresa como cabaleiro da Orde de San Juan
de Jerusalén, que lle abre as portas á súa incorporación como gardamariña en Cádiz.
Varios ascensos consecutivos achéganlle ó grao de capitán de navío en 1776 e permítenlle
retornar a Galicia logo de ser nomeado capitán da Compañía de Gardamariñas do
Ferrol. A súa meteórica carreira militar achégao á categoría de xefe de
escuadra no 82, cando, a instancia de Antonio Valdés, ministro de Indias, é
nomeado vicerrei, gobernador e capitán xeneral do Novo Reino de Granada, a finais
de 1788, un territorio que abarcaba parte dos actuais Bogotá, Panamá, Colombia
e Venezuela.<o:p></o:p>
Non deberon ser
poucos nin malos os seus servizos, pois no 89 ascende a tenente xeneral e con
este grao pasa a desempeñar en 1790 o cargo de vicerrei do Perú, con competencia sobre
amplos territorios do occidente, do centro e do sur de América.<o:p></o:p>
Foi un impulsor
decidido da educación, da atención hospitalaria e das institucións de caridade
nos territorios por el administrados. Diso dan boa fe as súas memorias e os
escritos que se conservan con ordes e instrucións para un correcto funcionamento,
como o dirixido ós responsables do Hospital de la Caridad de Lima, no que lles
dicía: "Últimamente ordeno y mando que el capellán de semana asista con
frecuencia a la enfermería, y con el traje que corresponda a su estado,
exhortando caritativamente a las próximas a su fallecimiento a la conformidad,
explicándoles el terrible paso a la eternidad, sin que tenga parte ni
intervención en que se varíen las medicinas que ordenare el medico y cirujano,
ni que se deje de poner el Santo Christo quando estos lo manden; y en su semana
no salga del hospital con ningún pretexto, sin que en esto haya dispensa, lo que
será responsable en su conciencia..."<o:p></o:p>
Claro expoñente da
Ilustración, a súa tarefa foi moito máis aló da administración das colonias (no seu territorio contábanse 728 minas de prata, 69 de ouro, 4 de mercurio, 12
de chumbo e 4 de cobre): fundou os primeiros xornais de América, como Mercurio, e a Escola Naval de Perú, colaborou
coa investigación xeográfica, potenciou a Universidade e, baixo o seu mandato, realizáronse
censos de poboación nos que xa se distinguían sexo, raza... Foi contemporáneo
dalgúns dos grandes ilustrados da nosa historia, que deron nome a unha época. O
seu mentor como vicerrei, o ministro de Indias e Mariña Antonio Valdés, tamén o
foi da Expedición Científica Malaespina, que recalou nos portos do occidente
americano gobernados por Francisco Gil de Taboada y Lemus, ou Lemos, como tamén
aparece nos documentos da época.<o:p></o:p>
Regresa a España
e sométese ó "Juicio de Residencia" que establecían as Leyes de Indias, unha
sorte de "proba do algodón" que determinaba a limpeza na xestión dos recursos
públicos en beneficio da nación e da Coroa. O 20 de abril de 1803 a Real Orde ditada
no Palacio Real de Aranjuez ratifica o seu nomeamento como director xeneral da
Armada e pouco despois asumirá de forma interina a Secretaría de Estado e a
Secretaría do Departamento de Mariña. O mesmo ano 1805 acada o grao de capitán xeneral
da Real Armada de España.<o:p></o:p>
No exercicio
destes e doutros cargos produciuse o Motín de Aranjuez e posterior abdicación de
Carlos IV a prol de Fernando VII, coa ratificación de Francisco Gil Taboada
como ministro. Del escribiu o influínte e poderoso Conde de Toreno: "Continuó
al frente de la marina don Francisco Gil de Taboada y Lemos, anciano
respetable, de carácter entero y firme". Coa invasión dos franceses foi o único
ministro do Goberno de España que se negou a seguir no "goberno títere" e na
segunda invasión, xa octoxenario, negou xuramento de obediencia ó "rei intruso"
José Bonaparte. O seu patriótico e honroso papel queda certificado nos libros, e incluso na novela histórica española... a máis recente "Un día de cólera" de Arturo Pérez-Reverte.<o:p></o:p>
Falece en Madrid
en 1809 e entre os seus descendentes americanos cóntanse dúas ramas, a chilena,
que chega ós nosos días co escritor e xornalista Antonio Gregorio Gil Íñiguez,
e a arxentina, que tivo como máximos expoñentes os caudillos e gobernadores de
Santiago del Estero: Antonio e Manuel Taboada. Un neto seu, Antonio Taboada
Zapatero, foi o contraalmirante e heroe da Mariña do Perú.<o:p></o:p>
Coa seguridade que dan as datas e a historia
escrita, moitas das moedas de ouro agora recuperadas por España tralo xuízo
contra a empresa Odyssey en Florida (EE. UU.) foron acuñadas (1796, coa efixie
do Rei Carlos IV) en Lima con ouro procedente, entre outros, dos territorios
administrados por Gil Taboada (como virrei do Novo Reino de Granada, primeiro,
e do Perú, logo, até o mesmo 1796, ano en que regresa a España). Gil Taboada
era xa director xeneral da Armada en 1804, cando un 5 de outubro os ingleses
afundían a fragata Mercedes e, con ela, toneladas de ouro agora recuperadas.
P.D.: Francisco Gil é, con seguridade histórica, o lalinense que máis alto chegou nas estruturas políticas e militares de España... Ilustrado, coherente coas súas responsabilidades e leal ó Estado ante o invasor francés até os seus últimos días. Descoñecido para os veciños da vila que o viu nacer e non recoñecido polos que teñen a obriga de poñer en valor a súa historia, dende as responsabilidades públicas.
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal.
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-515414916641615900.post-18000084822474755232012-05-07T05:25:00.001-07:002012-07-11T05:59:42.539-07:00BENVIDA
O meu Sen acuse de recibo (sección de opinión na edición de Deza de Faro de Vigo) de principios do ano 2012, arredor do centro xeográfico e o quilómetro 0, con citas ó noso "ilustre
fillo" o Matemático Rodríguez, fixo que algúns lectores e veciños de Deza se
dirixiran a min cunha suxestión: contribuír á recuperación da memoria de moitos
cidadáns ilustres.
Atendendo á proposta, e sen perder o espírito da devandita sección
(seguimos mantendo a P.D. para deixar mensaxes "a quen corresponda"),
recordaremos algún que outro "fillo ilustre". Concordo con algunha das
apreciacións que se me fixeron no sentido de que se ten feito algo polo
coñecemento pero pouco polo recoñecemento e divulgación da obra e legado dalgunhas
figuras históricas e contemporáneas, tan merecedoras como outras ás que se lle
ten feito.<o:p></o:p>
En case todos os casos, como o do propio Matemático Rodríguez, non estaría
de máis que as institucións fixesen algo por divulgar a súa obra... por
institucionalizar, por exemplo, unha xornada anual en centros educativos que, ó
estilo do Día das Letras Galegas, servise para recoñecer os nosos ancestros e,
de camiño, dar a coñecer a súa vida e obra. Dedicar rúas sempre está ben, pero
que a meirande parte dos veciños descoñeza a razón de tal homenaxe non é de
recibo. Á espera dese momento, comprometemos este espazo durante os meses de
marzo e abril e adicaremos esta cita semanal coas páxinas do Faro a achegarnos
a algún "esquecido" ou "pouco recordado" da nosa historia.
<o:p></o:p>
O noso primeiro protagonista vai ser o veciño que máis
alto chegou nas xerarquías política e militar en toda a historia e, seguramente,
o menos recordado, coñecido e recoñecido: Francisco Gil Taboada y Lemos
Villamarín, vicerrei (gobernador dunha colonia) de Nueva Granada, primeiro, e
do Perú, despois, secretario de Estado e militar (chegou ó grao de capitán xeneral
nunha das carreiras máis laureadas da Mariña Española). Moito do ouro que esta
semana recuperaba España tralo xuízo gañado ós "piratas" do Odissey procedía
das terras por el administradas.<o:p></o:p>
Seguiralle o que a historia lembrará como o intelectual, hoxe
afortunadamente vivo, de máis alto nivel que deu a nosa terra, o padre
franciscano José García Oro, "tri-doutor", prolífico escritor e catedrático; mente
privilexiada coma un curmán seu, César Oro García, hoxe "morto en vida", cousas
do Alzeimer que lle veu visitar na súa Universidade de Harvard, onde moitos
aprenderon a falar a lingua de Rosalía e outras que evolucionaron dende o latín.
E mentes privilexiadas como Benito Varela Jácome, a súa memoria aínda está
fresca nas rúas da "súa" Compostela. Homes xenerosos como o padre Odilo
González, incansable na axuda ós nenos peruanos. Moitos homes de fe, entre eles
dous bispos: Caetano Gil Taboada e Francisco José Gómez. Estudosos como
Francisco Javier Rodríguez, sobriño do matemático. Inconformistas sociais como
Felipe Antonio Gil Taboada. Todos eles, nomes que se unen ós máis coñecidos e
recoñecidos: José Otero "Laxeiro", Antón Lamazares, Ramón Aller, Joaquín
Loriga, Xosé "o matemático" Rodríguez ou Sucasas, dos que tentaremos sacar á
luz algunha das súas facetas menos "públicas". E, por suposto, "adoptados" como
Varela Buxán. Estes e outros serán os nosos protagonistas no Sen acuse de recibo, non con vocación de
poñer ou quitar, nin de descubrir merecedores ou non de tal consideración, só
coa intención de coñecer algún deles un pouco mellor. E nomeadamente daqueles
que ademais da súa importancia, maior ou menor en vida, legaron algo para as xeracións
futuras: coñecemento, arte...<o:p></o:p>
Esta terra deu e dá algo máis que artistas. Lalín é terra de bos e
xenerosos. Esta terra ten dado moitos bos, xenerosos e pouco recoñecidos
fillos.<o:p></o:p>
P.D.: Ben está que nos sintamos
orgullosos de ser os que máis vacas temos, os que máis chourizos
comercializamos, os que menos paro feminino tiñamos (eran outras épocas)...
pero non estaría de máis que nunha parte do noso orgullo lalinense estivera o
coñecemento da valía e da aportación dos nosos Fillos Ilustres, moitos ademais Fillos Ilustrados.<o:p></o:p>
® Benito García / Faro de Vigo
O uso total ou parcial deste texto está autorizado, supedidato á cita da súa fonte orixinal.
Benito G. Carrilhttp://www.blogger.com/profile/00848477151779155820noreply@blogger.com0